• Las oscuras manos del olvido, de Felipe Hernández Cava e Bartolomé Seguí

    Traémosvos hoxe unha das novidades da editorial Norma deste mes: "Las oscuras manos del olvido", de Felipe Hernández Cava e Bartolomé Seguí.

    2013. Toinou é un mafioso marsellés que acaba de saír da cadea, onde cumpriu condena por un delito que non cometeu, pero do que se inculpou para librar da prisión ao fillo do seu protector, un capo histórico.

    Antes da súa reclusión, reuniuse cun empresario vasco que se negaba a pagarlle a ETA o imposto revolucionario. Acordaron que se el ou alguén da súa familia eran asasinados, Toinou debería buscar un tal Itzala e liquidalo.

    Libre das rexas, pero atrapado polo seu pasado e a memoria de todo un pobo, chegou a hora de cumprir coa súa palabra.

    Felipe Hernández Cava e Bartolomé Seguí ("Hágase el caos"), gañadores do Premio Nacional do Cómic en 2009, tráennos un thriller emocionante nun só volume.



    0 comentarios → Las oscuras manos del olvido, de Felipe Hernández Cava e Bartolomé Seguí

    Publicar un comentario