• Farrapos de boneca, de Rochi Nóvoa

    Dende hoxe, xa temos disponible na nosa tenda o libro-disco "Farrapos de boneca", de Rochi Nóvoa, autoeditado pola propia autora e que supón unha máis que interesante mostra da nova poesía galega.

    En palabras de Miguel Ángel Alonso Diz, autor de "A nena á que non deixaban ser feliz" e "O Cullarapo Croque":

    Debuxa Rochi Nóvoa unha paisaxe escura, devastada, onde os versos latexan a dor da soidade e as bágoas queiman a pel ferida polo amor que o tempo converteu en espectro. Mais neste exercicio de alquimia da alma, entrevemos unha muller en transformación luminosa á que lle medran ás nos beizos, e un novo amencer nos ollos. Material traballado na forxa da tristeza que morde co corazón á vida. Esta é Rochi Nóvoa. Estes son os seus versos: 

    Xa demostrei que podía osbrevivir
    Agora... no me abonda!

    Non perdas esta magnífica obra!



    0 comentarios → Farrapos de boneca, de Rochi Nóvoa

    Publicar un comentario