• El Camino inmortal. Compostela a mi pesar, de Jean-Christophe Rufin

    Velaquí un libro para os que fixeron o Camiño de Santiago, para os que o farán e para os que nin o pensaron, "El Camino inmortal. Compostela a mi pesar", de Jean-Christophe Rufin, editado por Duomo na colección Nefelibata.

    O Camiño de Santiago é unha alquimia do tempo sobre a alma, unha viaxe que cada ano comezan centos de miles de persoas.
    Jean-Christophe Rufin emprende unha das grandes historias de viaxes dos nosos días, na cal o prestixioso novelista, académico e diplomático relata o seu percorrido de oitocentos quilómetros polo Camiño do Norte a Santiago de Compostela. No traxecto, a experiencia física transfórmase nunha reflexión que invita á busca dun mesmo e a levar unha vida plena e consciente, máis alá do trivial. Este inusitado peregrino convértese nun observador lúcido que retrata cun sentido do humor único a súa travesía polas costas vascas e cantábricas ata chegar aos montes de Galicia. Coloridos retratos, anécdotas divertidas, un delicioso exercicio de autocrítica para os que van na busca de nada e lles move a paixón de seguir camiñando.





    0 comentarios → El Camino inmortal. Compostela a mi pesar, de Jean-Christophe Rufin

    Publicar un comentario