• As Crónicas de Bran, vol. 2. A Porta de Annwn

    Despois dun tempo de espera, velaquí temos, da man de Contos Estraños, o segundo volume  da triloxía de "As Crónicas de Bran", titulado "A Porta de Annwn.

    Tras a batalla de Landeiras xa non hai paz na terra de Alba. Mentres o Dragón Vermello se apresura a cumprir o encargo do Mestre Escuro, Bran continúa a súa travesía polo Mar do Norte cara a Caledonia na procura do Navegante, gardián dos espíritos. Môrrigan e o seu grupo non terán descanso até dar coa Porta de Annwn, nunha procura que os levará máis aló do Cabo Barbudo e do seu antigo faro, nun lugar onde agardan os segredos do alén.

    Non perdas esta magnífica obra de literatura fantástica 100% galega da que agora chegamos ao seu ecuador. Só nos queda agardar ansiosamente a terceira e derradeira entrega!





    0 comentarios → As Crónicas de Bran, vol. 2. A Porta de Annwn

    Publicar un comentario