• Despois dun tempo de espera, velaquí temos, da man de Contos Estraños, o segundo volume  da triloxía de "As Crónicas de Bran", titulado "A Porta de Annwn.

    Tras a batalla de Landeiras xa non hai paz na terra de Alba. Mentres o Dragón Vermello se apresura a cumprir o encargo do Mestre Escuro, Bran continúa a súa travesía polo Mar do Norte cara a Caledonia na procura do Navegante, gardián dos espíritos. Môrrigan e o seu grupo non terán descanso até dar coa Porta de Annwn, nunha procura que os levará máis aló do Cabo Barbudo e do seu antigo faro, nun lugar onde agardan os segredos do alén.

    Non perdas esta magnífica obra de literatura fantástica 100% galega da que agora chegamos ao seu ecuador. Só nos queda agardar ansiosamente a terceira e derradeira entrega!





  • Velaquí as fotos da charla que onte mantivemos con Pere Tobaruela na nosa libraría, que veu para presentar a súa nova novela, "Vapor", escrita baixo o heterónimo de Lea Tobery.

    Mil grazas a Pere, por vires falar do seu libro á nosa casa, e a Rafa Cuiña por colaborar presentando ao autor!

























  • Ao longo de todo o día 23, e con motivo do Día do Libro, faremos un 10% de desconto en tódolos libros e cómics que veñades mercar á nosa tenda.

    A que estás agardando? vén á nosa libraría e leva eses títulos aos que lles tes botado o ollo!





  • O vindeiro venres, 25 de Abril, ás 8 da tarde, teremos connosco ao escritor Pere Tobaruela, que vén presentar o su último libro "Vapor", escrito baixo o pseudónimo de Lea Tobery e editado por Xerais.

    Se queres ter o teu exemplar desta magnífica novela, persoalmente adicado polo autor, non deixes de pasar pola nosa libraría este venres!
















  • Estimados clientes:

    Informámosvos que o vindeiro sábado 19 de Abril permaneceremos pechados.

    Desculpade as molestias. Boa Semana Santa.



  • Velaquí o novo título de Euseino? Editores, da colección Casabranca, adicada á Filosofía: "Quizais. Filosofía ético-política do porvir", escrito por Delmiro Rocha.

    A consecuencia política da aplicación do que Derrida chama a lóxica do quizais é a deconstrucción da democracia. Pois é no interior inestábel deste concepto que camiña desde Grecia onde o quizais atopa o seu lugar de actuación.

    Neste libro, que é ao tempo pregunta e afirmación, o filósofo Delmiro rocha traza o mapa sísmico dese pensamento, elabora unha achega de nidia exposición -precisa e así e todo suxestivo- do que produce o máis grande de todos os cambios, o cambio do chan, de asentamento, o do terreo sobre o cal se levantan as ideas que gobernan o mundo.

    Abandónase, dunha vez por todas, a esperanza de establecer un número determinado de dogmas seguros e fiábeis polos cales circular. O quizais inxecta un pouso de inseguridade no pensamento do porvir e do acontecemento. Cómpre, entón, pensar o quizais para pensar o porvir, para falar del e, no seu ton máis político, para dirixirnos cara a el.

    Tamén disponible de Euseino? e da mesma colección: "A revolución non vai ser televisada", de Rebeca Baceiredo.



  • Traémosvos hoxe unha das novidades da editorial Norma deste mes: "Las oscuras manos del olvido", de Felipe Hernández Cava e Bartolomé Seguí.

    2013. Toinou é un mafioso marsellés que acaba de saír da cadea, onde cumpriu condena por un delito que non cometeu, pero do que se inculpou para librar da prisión ao fillo do seu protector, un capo histórico.

    Antes da súa reclusión, reuniuse cun empresario vasco que se negaba a pagarlle a ETA o imposto revolucionario. Acordaron que se el ou alguén da súa familia eran asasinados, Toinou debería buscar un tal Itzala e liquidalo.

    Libre das rexas, pero atrapado polo seu pasado e a memoria de todo un pobo, chegou a hora de cumprir coa súa palabra.

    Felipe Hernández Cava e Bartolomé Seguí ("Hágase el caos"), gañadores do Premio Nacional do Cómic en 2009, tráennos un thriller emocionante nun só volume.



  • Dende hoxe, xa temos disponible na nosa tenda o libro-disco "Farrapos de boneca", de Rochi Nóvoa, autoeditado pola propia autora e que supón unha máis que interesante mostra da nova poesía galega.

    En palabras de Miguel Ángel Alonso Diz, autor de "A nena á que non deixaban ser feliz" e "O Cullarapo Croque":

    Debuxa Rochi Nóvoa unha paisaxe escura, devastada, onde os versos latexan a dor da soidade e as bágoas queiman a pel ferida polo amor que o tempo converteu en espectro. Mais neste exercicio de alquimia da alma, entrevemos unha muller en transformación luminosa á que lle medran ás nos beizos, e un novo amencer nos ollos. Material traballado na forxa da tristeza que morde co corazón á vida. Esta é Rochi Nóvoa. Estes son os seus versos: 

    Xa demostrei que podía osbrevivir
    Agora... no me abonda!

    Non perdas esta magnífica obra!



  • Velaquí un libro para os que fixeron o Camiño de Santiago, para os que o farán e para os que nin o pensaron, "El Camino inmortal. Compostela a mi pesar", de Jean-Christophe Rufin, editado por Duomo na colección Nefelibata.

    O Camiño de Santiago é unha alquimia do tempo sobre a alma, unha viaxe que cada ano comezan centos de miles de persoas.
    Jean-Christophe Rufin emprende unha das grandes historias de viaxes dos nosos días, na cal o prestixioso novelista, académico e diplomático relata o seu percorrido de oitocentos quilómetros polo Camiño do Norte a Santiago de Compostela. No traxecto, a experiencia física transfórmase nunha reflexión que invita á busca dun mesmo e a levar unha vida plena e consciente, máis alá do trivial. Este inusitado peregrino convértese nun observador lúcido que retrata cun sentido do humor único a súa travesía polas costas vascas e cantábricas ata chegar aos montes de Galicia. Coloridos retratos, anécdotas divertidas, un delicioso exercicio de autocrítica para os que van na busca de nada e lles move a paixón de seguir camiñando.







  • Xa temos á venda na nosa tenda "O bichero", de Luis Davila, que se encargou de recompilar e clasificar as súas tiras  cómicas, publicadas no Faro de Vigo.

    Non perdas esta espectacular obra de BD xenuinamente galega!




  • Por fin, temos nas nosas mans o libro "Sherlock Holmes en España", de Alberto López Aroca, que o propio autor autoeditou por medio dunha suscripción.

    "Sherlock Holmes en España" é un traballo de arqueoloxía holmesiana e de pura devoción polos pastiches sherlockianos, que ameaza con converterse no pesadelo de coleccionistas e completistas. Inclúe ducias de reseñas de novelas e relatos, ensaios de mitoloxía creativa, estudios bibliográficos sobre o Canon Holmesiano en español, un catálogo de pastiches hispánicos que inclúe máis de 350 títulos dende 1908 ata o día de hoxe, ilustracións, unha morea de notas a pé de páxina, e incluso un pastiche extraviado. E o autor asegura que aínda queda moito por contar e desenterrar...

    Non perdas este imprescindible título centrado na figura de Sherlock Holmes, o detective privado por excelencia, neste amplo volume a cargo dun dos autores que máis investigou a figura do personaxe creado por Sir Arthur Conan Doyle.

    Deixamos enlace á páxina web de Alberto López Aroca aquí