• Revista Luzes nº 4

    Se ben é certo que se fixo desexar, por fin temos na nosa libraría o agardadísmo nº 4 da revista Luzes, dirixida por Manuel Rivas e Xosé Manuel Pereiro.

    O número deste mes recolle, entre outras cousas, as reportaxes "A fame da vergoña", de Lorena Bustabad, "Para deliencuentes, nós", de Xosé Manuel Pereiro, e "Discutir pola paz", de Nacho Carretero, así coma unha ampla entrevista ao deputado catalán das CUP David Fernández.

    Todo isto, e moitísimo máis, é o que vos agarda detrás deste cuarto número da revista Luzes. Non a perdades!







    0 comentarios → Revista Luzes nº 4

    Publicar un comentario