• Marxinados, de Pepe Carballude

    A editorial Galaxia vén de publicar na súa colección "Costa Oeste" a novela "Marxinados", de Pepe Carballude, e que hoxe vos traemos.

    "Marxinados" é unha historia de persoas que viven, dalgunha maneira, fóra do  mundo. Pero que tamén queren cambialo.

    Fálanos dunha estrela de baloncesto que un día decide rematar a súa carreira e ir traballar como educador ao internado onde tamén el foi criado. Está alí para botar unha man a nenos e nenas que, coma el, foron excluídos por unha realidade que os puxo fóra: pais e nais atrapados na miseria, nas drogas, nos problemas duros do lado máis feo do mundo. Pero tamén está alí chamado por unha historia de amor.

    Unha novela para pensar nas persoas que non poden facer nada por cambiar as cousas. Pero tamén unha novela para pensar nas persoas que as cambian, para mellor todos os días.

    Non perdas a nova novela deste autor estradense cuxa traxectoria na literatura galega é moi longa.



    0 comentarios → Marxinados, de Pepe Carballude

    Publicar un comentario