• Las tripas de El Héroe, de David Rubín

    Ninth Ediciones vén de publicar unha obra digna dos coleccionistas máis esixentes: "Las tripas de El Héroe. Libro uno", no que nos ofrecen "El Héroe. Libro uno", de David Rubín, íntegramente cos lápices orixinais do gran autor ourensán.

    "El Héroe" de David Rubín é a coñecida e exitosa adaptación do mitolóxico Heracles. Este tomo recompila tódalas páxinas a lápiz e rotuladas a man que forman o primeiro tomo orixinal.

    "Las tripas de El Héroe" é o complemento perfecto da publicación orixinal e unha oportunidade de asistir en primeira fila aos segredos que se agochan tra-la creación dun cómic.

    Se es fan de Rubín, non o dubides: este é o teu cómic!





    0 comentarios → Las tripas de El Héroe, de David Rubín

    Publicar un comentario