• La gran guerra, de Joe Sacco

    Traémosvos hoxe un título recén saído do prelo digno dos coleccionistas máis esixentes. Trátase de "La gran guerra", de Joe Sacco e cun ensaio de Adam Hochschaild.

    O 1 de Xullo de 1916 comezou a batalla do Somme, a máis longa e sanguenta da Primeira Guerra Mundial. Uns 20000 soldados británicos morreron e outros 40000 resultaron feridos ese primeiro día. Ao final da batalla contáronse máis dun millón de baixas. En "La Gran Guerra", o xornalista e debuxante Joe Sacco retrata os sucesos dese día nun libro excepcionalmente detallado; nel aparecen o xeneral Douglas Haig (tamén coñecido como "o carniceiro de Somme"), as trincheiras ateigadas, o despregamento da artillaría, os milleiros de falecidos e feridos, e os cadáveres ardendo en masa trala batalla, que pasou á historia como a representación da loucura daquela guerra. "La Gran Guerra" é un fito na carreira de Joe Sacco.

    QUE ATOPARÁ DENTRO

    "La Gran Guerra" é un debuxo despregable  de máis de 7 metros de longo inspirado nos tapices medievais. Está impreso en branco e negro con acabados de luxo. Inclúe un ensaio do prestixioso historiador Adam Hochschaild, así como as anotacións orixinais de Joe Sacco.







    0 comentarios → La gran guerra, de Joe Sacco

    Publicar un comentario