• Jaque al peón, de Francisco Núñez Roldán

    Velaquí o libro gañador do XVII Premio de Novela Ciudad de Badajoz: "Jaque al peón", de Francisco Númez Roldán.

    En 1578, tra-la morte do rei don Sebastián no desastre de Alcazarquivir, Portugal queda sen rei. Felipe II aspira ao trono que lle disputan don Antonio, prior de Crato, e a duquesa de Braganza. As potencias europeas, incluído o papado, recean do inmenso imperio que acabou resultando das dúas coroas sobre unha soa cabeza, en 1580.

    Para tal unión foi vital a actuación de don Cristóbal de Moura, un portugués absolutamente fiel ás súas dúas patrias e ao seu rei don Felipe, que conxugou as intrigas de ámbalas dúas cortes peninsulares co amor apaixonado e clandestino por unha muller cuxas diferencias sociais fixeron imposible un matrimonio legal.

    Non perdades esta magnífica novela histórica que vén da man da editorial Algaida.



    0 comentarios → Jaque al peón, de Francisco Núñez Roldán

    Publicar un comentario