• Fóra de portas, de Roi Vidal Ponte

    Traémosvos hoxe unha novidade de Edicións Positivas: "Fóra de portas", de Roi Vidal Ponte, un paseo libre e non moi respectuoso polos tempos e lugares de Roberto Vidal Bolaño, tal e como reza a súa portada.

    "Fóra de portas" é un percorrido pola vida de Roberto Vidal Bolaño, na que o autor, Roi Vidal Ponte, para falar do dramaturgo, dálle voz a varios narradores: a Lúa, o nariz de pallaso, a furgoneta, o chapeu, o monte Pedroso en Santiago e a catedral. Distintos estilos, diversos puntos de vista, para unha mesma e intensa biografía.

    Neste paseo libre e non moi respectuoso polos tempos e lugares de Roberto Vidal Bolaño, descóbresenos un traballador incansable e un literato prolífico. Unha persoa comprometida co mundo en que viviu. Un home con moitas inquedanzas e bastantes logros.

    Non deixes pasar esta xenial obra a cargo do propio fillo de Vidal Bolaño, un título extraordinario que ven da man de Edicións Positivas, coma sempre en Libraría Vagalume.




    0 comentarios → Fóra de portas, de Roi Vidal Ponte

    Publicar un comentario