• Sorteo de vales desconto



    Temos boas novas! En Libraría Vagalume tratamos sempre de premiar aos nos@s clientes, polo que durante os meses de Febreiro (dende hoxe, día 6), Marzo e Abril (ata o día 22), con cada unha das vosas compras darémosvos unha rifa coa que participar no noso sorteo, que terá lugar o 23 de Abril deste 2014, Día do Libro.

    Cada rifa cuberta optará a tres premios, consistentes en vales de desconto progresivo, que funcionan da seguinte maneira:

    - 1º premio: 20% de desconto na primeira compra, 40% na segunda e 60% na terceira.
    - 2º premio: 10% de desconto na primeira compra, 30% na segunda e 50% na terceira.
    - 3º premio: 5% de desconto na primeira compra, 15% na segunda e 25% na terceira.

    As rifas premiadas serán escollidas por unha man inocente entre todas as recollidas durante este tempo, en rigurosa orde ascendente: a primeira papeleta será gañadora do 3º premio, a segunda do 2º e finalmente a terceira gañará o 1º premio.

    Os gañadores serán convenientemente informados mediante os datos proporcionados ao cubrir a papeleta (teléfono, mail ou ámbolos dous).

    Moita sorte a tod@s e, sobre todo, mil grazas por estar aí!





    0 comentarios → Sorteo de vales desconto

    Publicar un comentario