• Rex. La fundacion de Roma, de Dafne Amati

    Presentamos hoxe a primeira novela dunha nova promesa da novela histórica, Dafne Amati: "Rex. La fundacion de Roma", publicada pola editorial Algaida.

    753 a. de C. Nun Lacio salvaxe e misterioso crecen dou xemelgos. Remo goberna as forzas da natureza mediante poderes secretos aínda que o seu único desexo é levar unha existencia tranquila de pastor. Rómulo, en cambio, adícase ao bandoleirismo cos seus compañeiros da Irmandade Saturnina, e gasta o botín das emboscadas nos antros de Sete Outeiros. Cando cumpren dezasete anos, Rómulo e Remo, como tódolos seus coetáneos, sométense á proba para entrar no exército dos quiritas. Abandonados en medio do bosque cun veleno mortal no corpo, os irmáns sálvanse grazas aos poderes de Remo.

    No camiño de regreso tópanse cunha prodixiosa estela de pedra, que cobra vida e ponlles en garda sobre o seu destino. Facendo caso omiso das palabras da profecía, os irmáns sepáranse collendo cada un un camiño distinto. Sen embargo, os xemelgos non poden eludir o destino que lles prepararon os deuses e descubrirán un terrible segredo sobre o seu pasado e a misión que lles foi encomendada: fundar a Cidade Eterna que gobernará o mundo.

    Non perdas esta incrible novela histórica e, sobre todo, non perdas de vista a unha escritora que promete moito!



    0 comentarios → Rex. La fundacion de Roma, de Dafne Amati

    Publicar un comentario