• Batalla de reyes, de M.K. Hume

    As lendas artúricas deron para moito ao longo da historia da literatura. Presentámosvos hoxe un novo título, en forma de triloxía, que afonda nun dos personaxes protagonistas, o mago Merlín. Velaquí a triloxía "Profecía de Merlín", formada por "Batalla de reyes", que agora reseñamos, "Muerte de un imperio" e "Red de traiciones", ámbolos dous de próxima aparición.

    Século V d.C. O Imperio romano esborrállase e, na antiga provincia de Britania, o poder está cambiando de mans. Só queda un último servidor leal a Roma, acosado polo caudillo dos celtas e polos saxóns, os recén chegados do norte que soñan con establecerse a sangue e lume nestas terras e dobregalas. Todos ansían as sobras deste novo mundo, máis brutal e cruel, onde a vida carece de valor, a traizón é moeda de cambio e sempre vence a espada.

    E, no medio do caos, un neno da tribu dos deceanglos, cun talento natural para sanar e un don temible para a profecía, presinte que ante el ábrese un gran destino.

    Aquí comeza a historia de Myrddion Merlinus.

    " Liñaxes nobres, unidos polo sangue, enfrontados polas disputas: Hume fai cobrar vida a unha época sanguenta, violente a traizoeira", Kirkus Reviews.



    0 comentarios → Batalla de reyes, de M.K. Hume

    Publicar un comentario