• Barafunda Editorial, novidade en Libraría Vagalume

    Querémosvos presentar hoxe unha novidade na nosa tenda. Dende xa temos disponibles na libraría os contos infantís "Antón e O Apalpador" e "Pepiña Maruxiña quere voar", ámbolos dous escritos por Manuel Castro Lima, Lolo, e Mª Mar Ameixeiras Sánchez, debuxados por Francisco Ameixeiras Sánchez e publicados por Barafunda Editorial.


    Un fantástico personaxe do que falan antigas cantigas do Courel agarda a Antón no máis fondo da devesa, a onde chega na procura das estrelas...

    Pepiña Maruxiña emprende unha aventura á procura dunha ás. Polo camiño coñecerá diferentes animais que a axudarán a cumprir os seus desexos de voar.











    Non perdas estes magníficos contos, feitos en galego e en Galicia, un regalo ideal para os máis pequenos da casa!



    0 comentarios → Barafunda Editorial, novidade en Libraría Vagalume

    Publicar un comentario