• Presentación de Vento e chuvia con Manuel Gago

    Comprácenos anunciarvos que o venres 7 de Febreiro, ás 8 da tarde, teremos na nosa tenda a Manuel Gago, que virá falar da súa obra e asinar exemplares da mesma. Tamén contaremos coa presenza da actriz Soledad Felloza, que fará a dramatización dun dos relatos do libro.

    Se queres ter o teu propio exemplar desta singular e interesantísima obra, que esgotou a primeira edición en tan só un mes, asinado polo autor, non deixes de pasar pola nosa tenda o venres 7. Ademáis, estrearemos a segunda edición!









    0 comentarios → Presentación de Vento e chuvia con Manuel Gago

    Publicar un comentario