• Presentación de Beowulf con David Rubín



    Como xa vos adiantabamos na entrada adicada a Beowulf, escrito por Santiago García e ilustrado por David Rubín, o vindeiro venres 10 de Xaneiro, ás 7 da tarde, contaremos de novo coa presenza na nosa libraría de Rubín, o xenial artista ourensán que asinará e debuxará exemplares da súa obra.

    A que estás agardando? Pasa pola nosa tenda e leva o teu cómic asinado por un dos autores máis importantes no panorama da BD nacional actual.

    Haberá de beber e de petiscar para todos!




    0 comentarios → Presentación de Beowulf con David Rubín

    Publicar un comentario