• Los náufragos de Venus, de Alberto López Aroca

    Amosámosvos nas fotos as nosas recompensas por ter participado no crowdfunding levado a cabo polo escritor Alberto López Aroca para financiar a súia novela "Los náufragos de Venus". Trátase da citada novela, dun mapa de Venus realizado polo xenial artista Sergio Bleda e as novelas complementarias "Cuatreros de Venus", de Norm Eldritch (alter ego de López Aroca) e "El 'gang' de los monstruos", de Vince Harley (de novo López Aroca).

    O 5 de Decembro de 1872, un bergantín mercante chamado Mary Celeste apareceu flotando en augas próximas ás Illas Azores. A tripulación desaparecera, non había signos de violencia a bordo do barco e dise que as mesas estaban postas e os pratos aínda fumegaban. O caso do Mary Celeste cautivou a imaxinación de autores coma Arthur Conan Doyle e a súa historia levouse ao cine en repetidas ocasións (con Bela Lugosi en 1935, por exemplo), pero a verdade acerca deste suceso histórico só saíu á luz agora, tra-la publicación da novela "Charlie Marlow y la rata gigante de Sumatra", na que o grande detective Sherlock Holmes desvelou o misterio.

    Alberto López Aroca, especialista en mitoloxía creativa, relátanos en "Los náufragos de Venus" o destino final dos homes e mulleres que realizaron unha viaxe fatídica: 

    Un home misterioso que se fai chamar Abel Fosdyk paga unha suma de cartos ao propietario do bergantín Mary Celeste para viaxar de incógnito ata Italia. O capitán do barco, Benjamin Spooner Briggs, acepta as condicións de mala gana, e moi pronto haberá de lamentar a súa decisión cando, de súpeto, a súa muller Sarah, a súa filla de dous anos Sophia Matilda, e toda a tripulación do Mary Celeste vense transportados a unha paraxe sinistra, descoñecida, neboenta e... ¿En terra firme? Iso parece, pero ¿atópanse relamente na Terra?

    Descubre o verdadeiro destino deste grupo de mariños do século XIX enfrontados ás máis arrepiantes ameazas que axexan no planeta Venus, incluída a criatura que o doutor John Watson, cronista de Sherlock Holmes, deu en chamar "o extraordinario verme descoñecido para a ciencia"...



    0 comentarios → Los náufragos de Venus, de Alberto López Aroca

    Publicar un comentario en la entrada