• Hada Esther, de Olga Lalín, Esther Medraño e Luz Beloso

    Xa temos na nosa tenda o magnífico libro "Hada Esther", un libro para familias especiais, como se di na propia portada.

    "Hada Esther" é un conto que trata, dunha forma marabillosa e moi especial, o autismo, sobre o que pretende concienciar e sensibilizar. Para semellante labor naceu o proxecto "Alto, alto como una montaña" da man de Olga Lalín e Seso Durán (pais dun neno diagnosticado de TEA, trastorno do espectro do autismo) e Esther Medraño (terapeuta do rapaz), aos que se sumou a ilustradora Luz Beloso.

    Para máis información, consultade a web www.hadaesther.com.









    0 comentarios → Hada Esther, de Olga Lalín, Esther Medraño e Luz Beloso

    Publicar un comentario