• Crónicas de viaje. Impresiones de un corresponsal español, de Julio Camba

    Se por algo é coñecido o xornalista Julio Camba é xustamente pola súa faceta de cronista viaxeiro, e por ter sobresaído nun xénero cultivado por escritores da talla de Azorín, Josep Pla, César González-Ruano, Rubén Darío ou Enrique Gómez Carrillo. Como pon de manifesto nesta antoloxía -creada ex novo polo investigador Francisco Fuster baixo o título "Crónicas de viaje"-, Camba non exerceu nunca como o típico turista que busca visitar os lugares de interese de cada cidade recomendados polas guías. O seu ideal era o do flâneur ocioso; a súa filosofía "escéptica e peripatética", era a do home sándwich, que "non fai nada; anda, pescuda, cheira...". Camba, un español que percorreu o mundo nuha viaxe interior ao centro da súa propia persoa, non conseguiu xamais ese ansiado posto como home sándwich, pero traballou durante máis de dúas décadas como enviado especial dos principais periódicos españois da época: El Mundo, La Correspondencia de España, La Tribuna, ABC, El Sol, Ahora, etc.

    Esta antoloxía ofrece ao lector actual a mellor literatura de viaxes do xornalista galego, a través das súas cento cincuenta mellores crónicas, algunhas delas prácticamente descoñecidas e esquecidas nas hemerotecas, que permanecían inéditas en formato libro e que se publicaban agora por primeira vez, en capítulos que xiran en torno ás distintas cidades nas que Julio Camba traballou como corresponsal de prensa.

    "Leer un artigo de Julio Camba ten un efecto inmediato: lévao a un a ler outro artigo de Julio Camba. Escribiu algúns centenares que un nunca, nunca cansa de ler, como non cansa de escoitar as mellores cancións e de atopar cada vez nelas algún novo matiz", Antonio Muñoz Molina, do Prólogo.

    0 comentarios → Crónicas de viaje. Impresiones de un corresponsal español, de Julio Camba

    Publicar un comentario