• A teoría do tempo imaxinario, de Eduardo Santiago

    Traémosvos hoxe un novo título da prolífica Urco Editora, cuxa labor, tanto na tradución de clásicos do fantástico e da ciencia-ficción como na produción de títulos deste xéneros made in Galicia, é de admirar.

    Ano 2050. Mara vive nunha cidade universitaria pechada e autosuficiente, o ECAS. Hai unha rede mundial de realidade virtual que permite viaxar ás persoas a calquera parte do mundo en tempo real. Susana convida a Mara para probar un novo sistema de seguridade virtual no Smithsonian. Alí Mara coñece dous mozos que farán cambalear a súa apracíbel vida dun xeiro até entón insospeitado. Amor e desamor, desexo e paixón, ciencia e tecnoloxía... Descubre até que punto as protagonistas poden saír da ficción e achegarse á realidade, a túa realidade.






    0 comentarios → A teoría do tempo imaxinario, de Eduardo Santiago

    Publicar un comentario