• A revista Luzes e as novidades de Edicións Positivas

    Traémosvos hoxe dúas novidades na nosa tenda.

    Tódolos nosos clientes saben que non temos revistas nin prensa de ningún tipo na nosa tenda, mais consideramos que sí pagaba a pena ofrecer á nosa clientela a revista "Luzes", dirixida por Manuel Rivas e Xosé Manuel Pereiro e coordinada por Iago Martínez. A razón? Pois que a consideramos máis "literaria", por dicilo así, que moitas outras.


    A segunda son as novidades de Edicións Positivas: a reedición de "Moda galega" e a publicación de "Moda galega reloaded", ámbolos dous de María Reimóndez, na colección Di-versos.

    Se queres disfrutar de boa poesía feita en galego, por autores galegos e publicado por unha editorial 100% galega, sen dúbida algunha "Moda galega" e "Moda galega reloaded" son os teus libros, Di-versos é a túa colección e Edicións Positivas é a túa editorial.













    0 comentarios → A revista Luzes e as novidades de Edicións Positivas

    Publicar un comentario