• Comprácenos anunciarvos que o venres 7 de Febreiro, ás 8 da tarde, teremos na nosa tenda a Manuel Gago, que virá falar da súa obra e asinar exemplares da mesma. Tamén contaremos coa presenza da actriz Soledad Felloza, que fará a dramatización dun dos relatos do libro.

    Se queres ter o teu propio exemplar desta singular e interesantísima obra, que esgotou a primeira edición en tan só un mes, asinado polo autor, non deixes de pasar pola nosa tenda o venres 7. Ademáis, estrearemos a segunda edición!









  • Xa temos na nosa tenda o magnífico libro "Hada Esther", un libro para familias especiais, como se di na propia portada.

    "Hada Esther" é un conto que trata, dunha forma marabillosa e moi especial, o autismo, sobre o que pretende concienciar e sensibilizar. Para semellante labor naceu o proxecto "Alto, alto como una montaña" da man de Olga Lalín e Seso Durán (pais dun neno diagnosticado de TEA, trastorno do espectro do autismo) e Esther Medraño (terapeuta do rapaz), aos que se sumou a ilustradora Luz Beloso.

    Para máis información, consultade a web www.hadaesther.com.









  • Se por algo é coñecido o xornalista Julio Camba é xustamente pola súa faceta de cronista viaxeiro, e por ter sobresaído nun xénero cultivado por escritores da talla de Azorín, Josep Pla, César González-Ruano, Rubén Darío ou Enrique Gómez Carrillo. Como pon de manifesto nesta antoloxía -creada ex novo polo investigador Francisco Fuster baixo o título "Crónicas de viaje"-, Camba non exerceu nunca como o típico turista que busca visitar os lugares de interese de cada cidade recomendados polas guías. O seu ideal era o do flâneur ocioso; a súa filosofía "escéptica e peripatética", era a do home sándwich, que "non fai nada; anda, pescuda, cheira...". Camba, un español que percorreu o mundo nuha viaxe interior ao centro da súa propia persoa, non conseguiu xamais ese ansiado posto como home sándwich, pero traballou durante máis de dúas décadas como enviado especial dos principais periódicos españois da época: El Mundo, La Correspondencia de España, La Tribuna, ABC, El Sol, Ahora, etc.

    Esta antoloxía ofrece ao lector actual a mellor literatura de viaxes do xornalista galego, a través das súas cento cincuenta mellores crónicas, algunhas delas prácticamente descoñecidas e esquecidas nas hemerotecas, que permanecían inéditas en formato libro e que se publicaban agora por primeira vez, en capítulos que xiran en torno ás distintas cidades nas que Julio Camba traballou como corresponsal de prensa.

    "Leer un artigo de Julio Camba ten un efecto inmediato: lévao a un a ler outro artigo de Julio Camba. Escribiu algúns centenares que un nunca, nunca cansa de ler, como non cansa de escoitar as mellores cancións e de atopar cada vez nelas algún novo matiz", Antonio Muñoz Molina, do Prólogo.
  • Traémosvos hoxe dúas novidades na nosa tenda.

    Tódolos nosos clientes saben que non temos revistas nin prensa de ningún tipo na nosa tenda, mais consideramos que sí pagaba a pena ofrecer á nosa clientela a revista "Luzes", dirixida por Manuel Rivas e Xosé Manuel Pereiro e coordinada por Iago Martínez. A razón? Pois que a consideramos máis "literaria", por dicilo así, que moitas outras.


    A segunda son as novidades de Edicións Positivas: a reedición de "Moda galega" e a publicación de "Moda galega reloaded", ámbolos dous de María Reimóndez, na colección Di-versos.

    Se queres disfrutar de boa poesía feita en galego, por autores galegos e publicado por unha editorial 100% galega, sen dúbida algunha "Moda galega" e "Moda galega reloaded" son os teus libros, Di-versos é a túa colección e Edicións Positivas é a túa editorial.













  • Amosámosvos no día de hoxe algo diferente: unha reseña adicada íntegramente á figura de Lem Ryan, cuxa novela "La Frati Nigra" xa fora reseñada nesta web hai un tempo (ver).

    Lem Ryan publicou a meirande parte da súa obra nas editoriais Ceres e Bruguera durante a década dos 80, cultivando diversos xéneros: ciencia ficción, terror, fantasía, oeste, policíaco, incluso deportivo, aínda que o seu estilo caracterízase precisamente polo eclecticismo e a mistura deles. Así, moitos dos seus relatos fusionan varios xéneros, ás veces de maneira inverosímil.

    Moi influenciado pola literatura pulp norteamericana e o comic book, e en especial por autores coma H.P. Lovecraft e Robert E. Howard, hoxe en día as súas obras son recordadas con nostalxia polos aficionados ao fandom, igual que os xeniais Curtis Garland e George H. White, aínda que a súa produción foi moito menor.

    En 2006 Lem Ryan regresou ao mundo da literatura. Publicou varios relatos da súa serie "Bifrost: Relatos del Arco Iris" e comezou unha novela por entregas no portal Sedice de literatura de xénero. En Febreiro de 2007 publicouse a súa novela "Nueva Era". Nela retoma o seu estilo mistura de diversos xéneros. Posteriormente, a finais de 2013, e mediante un crowdfunding, editou dúas novas novelas: "La Frati Nigra" e "Katham y las sombras del caos" (e reeditou "Cazadores de vampiros", de 1983).

    Lem adicouse fundamentalmente, como se deduce das súas colaboracións con Ceres e Bruguera, ao fenómenos do "bolsilibro", hoxe en día algo deostado pero que garda un batallón de fieis seguidores, se ben demostrou (e segue a facelo) un gran talento para a literatura, como deixa ver na excelente "La Frati Nigra", no que se mete no mundo dos mitos de Lovecraft sen prexuízo algún, como tamén fai no interesante relato curto "Más allá de las sombras" (continuación de "Sombras del caos", publicado por Bruguera en 1984).

    Na actualidade, Lem trata de publicar os bolsilibros "El terror de Noroda" (xa disponible en formato electrónico en Amazon), "La reina de Celephais" e "Peligro de evasión mental", para o que quizais precise da axuda de todos nós nun novo crowdfunding. Permanecede atent@s.

    Para calquera dúbida, deixámosvos o enlace ao seu blogue: http://lemryan.blogspot.com.es/

    Fonte dos datos biográficos de Lem Ryan: Wikipedia.







  • Presentamos hoxe un título da editorial Sins entido do máis interesante, unha desas obras peculiares que saen de vez en cando e que sorprenden a crítuca e público: "Interiorae", de Gabriella Giandella.

    Estamos nun edificio aparentemente como calquera outro, onde homes e mulleres levan unha vida ordinaria. Pero nos rochos, nas entrañas do inmoble, a misteriosa Grande Escuridade e o seu emisario, o Coello, observan aos inquilinos e nútrense dos seus soños. Ao igual que nos relatos de Buzzati, o fantástico irrompe no cotián. Unha fábula metropolitana: onírica, conmovedora e inquietante.

    Un título moi a ter en conta, coma sempre, en Libraría Vagalume.





  • Traémosvos hoxe un novo título da prolífica Urco Editora, cuxa labor, tanto na tradución de clásicos do fantástico e da ciencia-ficción como na produción de títulos deste xéneros made in Galicia, é de admirar.

    Ano 2050. Mara vive nunha cidade universitaria pechada e autosuficiente, o ECAS. Hai unha rede mundial de realidade virtual que permite viaxar ás persoas a calquera parte do mundo en tempo real. Susana convida a Mara para probar un novo sistema de seguridade virtual no Smithsonian. Alí Mara coñece dous mozos que farán cambalear a súa apracíbel vida dun xeiro até entón insospeitado. Amor e desamor, desexo e paixón, ciencia e tecnoloxía... Descubre até que punto as protagonistas poden saír da ficción e achegarse á realidade, a túa realidade.






  • Aquí vos deixamos as fotos da presentación de onte, na que David Rubín debuxou e asinou un feixe de exemplares do seu xenial cómic "Beowulf".

    E se non puideches vir, David deixounos dous exemplares do cómic debuxados, o que fai deles unha obra máis única aínda!

    Mil grazas, David, por estar connosco! Agora só nos queda agardar á proxima ;)




























  • Amosámosvos nas fotos as nosas recompensas por ter participado no crowdfunding levado a cabo polo escritor Alberto López Aroca para financiar a súia novela "Los náufragos de Venus". Trátase da citada novela, dun mapa de Venus realizado polo xenial artista Sergio Bleda e as novelas complementarias "Cuatreros de Venus", de Norm Eldritch (alter ego de López Aroca) e "El 'gang' de los monstruos", de Vince Harley (de novo López Aroca).

    O 5 de Decembro de 1872, un bergantín mercante chamado Mary Celeste apareceu flotando en augas próximas ás Illas Azores. A tripulación desaparecera, non había signos de violencia a bordo do barco e dise que as mesas estaban postas e os pratos aínda fumegaban. O caso do Mary Celeste cautivou a imaxinación de autores coma Arthur Conan Doyle e a súa historia levouse ao cine en repetidas ocasións (con Bela Lugosi en 1935, por exemplo), pero a verdade acerca deste suceso histórico só saíu á luz agora, tra-la publicación da novela "Charlie Marlow y la rata gigante de Sumatra", na que o grande detective Sherlock Holmes desvelou o misterio.

    Alberto López Aroca, especialista en mitoloxía creativa, relátanos en "Los náufragos de Venus" o destino final dos homes e mulleres que realizaron unha viaxe fatídica: 

    Un home misterioso que se fai chamar Abel Fosdyk paga unha suma de cartos ao propietario do bergantín Mary Celeste para viaxar de incógnito ata Italia. O capitán do barco, Benjamin Spooner Briggs, acepta as condicións de mala gana, e moi pronto haberá de lamentar a súa decisión cando, de súpeto, a súa muller Sarah, a súa filla de dous anos Sophia Matilda, e toda a tripulación do Mary Celeste vense transportados a unha paraxe sinistra, descoñecida, neboenta e... ¿En terra firme? Iso parece, pero ¿atópanse relamente na Terra?

    Descubre o verdadeiro destino deste grupo de mariños do século XIX enfrontados ás máis arrepiantes ameazas que axexan no planeta Venus, incluída a criatura que o doutor John Watson, cronista de Sherlock Holmes, deu en chamar "o extraordinario verme descoñecido para a ciencia"...





  • Como xa vos adiantabamos na entrada adicada a Beowulf, escrito por Santiago García e ilustrado por David Rubín, o vindeiro venres 10 de Xaneiro, ás 7 da tarde, contaremos de novo coa presenza na nosa libraría de Rubín, o xenial artista ourensán que asinará e debuxará exemplares da súa obra.

    A que estás agardando? Pasa pola nosa tenda e leva o teu cómic asinado por un dos autores máis importantes no panorama da BD nacional actual.

    Haberá de beber e de petiscar para todos!