• Xa están aquí! Despois duns días agardando, por fin temos na libraría a reposición do libro de Edicións Positivas "Unicornio de cenorias que cabalgas os sábados", do grupo Ronseltz. A primeira fornada non chegou nin ao estante!

    Tras publicar este libro, o grupo Ronseltz decidiu disolverse amigablemente por non reunir os requisitos de Peterson para constituír unha xeración. Entra así, por dereito, na historia dos colectivos míticos da cultura galega.

    A que estás agardando? Non perdas a oportunidade de facerte co teu exemplar deste singular e excepcional libro formado por todo un conxunto de poesías que non deixan indiferente a ninguén!

    Voan!






  • Velaquí unha novidade de Diábolo Ediciones na colección "Cthulhu temáticos": "13 historietas de terror ibérico".

    Con este temático de TERROR IBÉRICO quérese afondar no imaxinario sobrenatural autóctono, naquilo que nos distingue doutras culturas e sensibilidades, no folclore e nas tradicións típicas da nosa terra, en lugares ou feitos concretos do acervo cultural patrio.

    Foron rexeitadas as historias de vampiros, homes lobo (sí lobisomes), mortos vivintes e todos aqueles trasuntos do xénero que non teñan a súa correspondencia ibérica. Con el, os autores da revista CTHULHU móstrannos as posibilidades e a riqueza dunha ficción escura de claro acento español.

    Vide a coñecer á raíña loba, ao conxurador de tormentas que se enfronta á mesmísima deusa Mari, os secuaces de Romasanta achando no profundo das fragas o castigo á súa impía sede de sangue, unha cruz erixida polo mesmísimo diaño para castigo das hordas napoleónicas e as sempre inquedantes meigas, que ofrecían prodixios eremdios a un pobo sumido nas miasmas da superstición e a ignorancia...

    Un título imprescindible!



  • Velaquí a segunda edición do libro "La doble vida de las hadas", escrito por Santi Balmes e editado por Principal de los Libros.

    "Piensa en la nieve cegadoramente blanca de las altas montañas. Piensa entonces en la nieve, cuando está cerca del hombre y es, una y otra vez pisoteada. Piensa en las nieves sucias. Quizás este cuento debería llamarse El hada de las nieves sucias".

    Todo o mundo pasa por malas épocas, incluso os seres máxicos. Pero as fadas, como todos, tamén teñen momentos de felicidade, efímera ou non. Porque niso consiste a dualidade da vida.

    Fadas deprimidas, mutantes quen de condensar un mes nun segundo, mofetas psíquicas, peixes explosivos e inquilinos inmortais poboan o mundo dos relatos de Santi Balmes, onde el mesmo se somerxe como protagonista, mesturando realidade e ficción co seu inconfundible estilo a cabalo entre o humor e a lírica.

    Se buscas unha lectura rompedora e, sobre todo, diferente, "La doble vida de las hadas" é unha das mellores eleccións!





  • Velaquí as novidades da pequena e recén creada editorial Irmás Cartoné. Trátase do seu novo título, "Hadrián VII", de Frederick Rolfe, alias Barón Corvo, traducido ao galego por Celia Recarey Rendo, e dunha preciosa axenda para o 2015.

    Tamén disponible "Orlando", a primeira novela publicada por Irmás Cartoné, e primeira versión en galego do libro de Virginia Woolf.

    A que estás agardando? Irmás Cartoné propónche algúns dos máis interesantes agasallos para este Nadal!







  • Volve "Contos Estraños"!

    Despois dun tempo de ausencia, por fin temos connosco o último volume de "Contos Estraños", que como o seu mesmo título indica, abre a "Segunda Era".

    Neste volume recóllense os relatos dunha nova fornada de escritores de literatura fantástica aos que xa algún denominan "Xeración Estraña". As narracións de medo, anticipación, fantasía épica e, como non, "agroterror" enchen as páxinas desta Segunda Era de Contos Estraños e transpórtannos a un outro lugar onde abrollan os soños febrís, as visións oníricas e os medos da alma.

    Este novo tomo recolle vintetrés relatos curtos do mellor fantástico galego, con autores como Xosé Duncan, Tomás González Ahola, Vanesa Santiago e Roberto A. Rodrigues.

    A que estás agardando? Vén xa a polo teu exemplar!




  • Libraría Vagalume e O Circo do Mundo presentan o contacontos de "Antón e o Apalpador", con Barafunda Animación.

    Sábado 22 de Novembro, 5 da tarde, en O Corcop do Mundo (Rúa Rosalía de Castro, 38 - Lalín)

    Ver vídeo



  • Mañá, 21 de Novembro, teremos o pracer de contar coa presenza do autor Fernando Cabeza Quiles, que vén falar da súa obra "A toponimia celta de Galicia".

    A presentación e firma de exemplares terá lugar ás 8 da tarde.

    Non faltedes!















  • Velaquí unha das novidades máis agardadas de Alfaguara. Trátase de "Los últimos días de nuestros padres", primeiro libro de Joël Dicker, que a editorial publica despois do éxito colleitado polo autor con "La verdad sobre el caso Harry Quebert".

    En 1940 Winston Churchill ten unha idea que cambiará o curso da guerra: crear unha nova sección dos servicios secretos, o Special Operations Executive (SOE), para levar a cabo accións de sabotaxe dende o interior das liñas inimigas. Uns meses máis tarde, o xoven Paul-Émile deixa París rumbo a Londres coa esperanza de unirse á Resistencia. O SOE non tarda en chamalo ás súas filas, xunto a un grupo de xoves compañeiros. Tras dun adestramento brutal, os poucos elixidos coñecerán o amor, o medo e a amizade, e serán enviados en misión á Francia ocupada. Pero o contraespionaxe alemán xa foi alertado.

    Un novísimo Joël Dicker, que logo asombrará a máis de dous millóns de lectores con "La verdad sobre el caso Harry Quebert", aborda un feito da Segunda Guerra Mundial que foi mantido en segredo durante anos, e demostra, nesta novela gañadora do Premio dos Escritores Xinebrinos, o seu talento para crear unha historia e uns personaxes inesquecibles.



  • Como vén sendo habitual en nós, non só organizamos presentacións de libros na nosa libraría, senón que procuramos participar en todas aquelas iniciativas levadas a cabo, xeralmente, no Museo Ramón María Aller. Neste caso, poremos o noso pequeno gran de area, facilitando a compra dos libros, nunha presentación organizada por Hércules Ediciones e Afonso Eiré, que vén a Lalín a falar da súa obra "Eu estaba alí. Pequenas historias de Galiza", coa participación de Rafael Cuiña.

    A presentación terá lugar no museo o vindeiro xoves, día 13 de Novembro, ás 8 e media da tarde. Non faltedes!

    Libraría Vagalume, sempre apoiando a difusión da cultura na nosa vila.







  • Velaquí unha das novidades recén chegadas da editorial Dibbuks: "Serie B", de Andrés G. Leiva.

    Unha muller moi, moi grande, xigante pero quebradiza coma un brote tenro. Homes-anfibio incapaces de respirar fóra da auga. Un astrónomo-xornalista victoriano obsesionado por un paraíso na Lúa. Unha inquedante e misteriosa muller en busca da súa filla perdida. Evelyn e o doutor Corman perseguindo o elixir da eterna xuventude. Baleeiros que semellan piratas e un pirata xogando a ser pescador de baleas agochando un gran tesouro.

    Póñanse cómodos na butaca e dispóñanse a pasear por esta película de SERIE B onde todo ten cabida: o relato victoriano, as historias do mar, a guerra fría, a ciencia ficción pulp, a amizade e o amor.

    Unha marabillosa obra, moi digna homenaxe a ese tipo de películas, as de serie B, que, por méritos propios, constitúen xa case un auténtico xénero cinematográfico.



  • Velaquí unha recopilación de relatos de terror a cargo de Rubén Serrano e editado por Arconte Ediciones.

    "Relatos insólitos" é unha antoloxía de historias extrañas, un compendio de narracións marabillosas e sorprendentes, a medio camiño entre o terror e a fantasía.

    Os contos enlazan coa denominada weird fiction ou ficción estraña, e están deseñados, máis que para asustar, para provocar unha sensación de inquietude e asombro no lector...

    O presente volume foi compilado e dirixido polo escritor e antólogo Rubén Serrano, que reuniu á mellor selección de autores do fantástico español actual, destacando especialmente os xeniais Lem Ryan e Juan de Dios Garduño e Laura Gallego, ademais de contar con textos de dous dos mestres do xénero weird como H.P. Lovecraft e Robert E. Howard.





  • Velaquí están, recén saídas do prelo, as reedicións, a cargo de Anagrama, dalgúns dos libros de Patrick Modiano, gañador do Premio Nobel de Literatura 2014:

    - "Calle de las Tiendas Oscuras" (2009), 3ª edición.
    - "El horizonte" (2010), 2ª edición.
    - "La hierba de las noches" (2014), 2ª edición.
    - "En el café de la juventud perdida" (2008), 6ª edición.

    Non deixes de ler estas novelas imprescindibles dun autor que, por méritos propios, vén de entrar no Olimpo de escritores galardonados co Nobel de Literatura.



  • Velaquí unhas das últimas novidades da editorial Toxosoutos: "Escribir na multitude. A obra literaria de Antón Avilés de Taramancos", de Martín Veiga.

    A obra literaria de Antón Avilés de Taramancos (1935-92) acadou nos últimos anos recoñecemento unánime e considerábel atención crítica, fenómenos que atoparon a súa culminacón cando en 2003 se lle dedicu o Día das Letras Galegas. A pesar desta canonización aparente, "Escribir na multitude. A obra literaria de Antón Avilés de Taramancos" constitúe a primeira monografía en ofrecer unha análise detallada e rigorosa da totalidade das claves esenciais da súa obra, ata o de agora só estudada de xeito parcial. Tras fixar de vez os parámetros cronolóxicos correspondentes ás súas distintas etapas creativas e os trazos estilísticos fundamentais da súa produción, este libro examina aspectos como a dimensión metapoética da obra de Avilés de Taramancos, as fecundas relacións intertextuais e interdiscursivas que establece coa poesía doutros autores e tradicións, e as confluencias existentes entre o seu discurso literario e os alicerces da súa definición identitaria. Froito dunha reflexión demorada sobre a produción dun dos poetas máis sobranceiros da literatura galega contemporánea, Martín Veiga propón en "Escribir na multitude" unha viaxe apaixonante dunha obra ricaz, profunda e luminosa.

    Non deixes pasar a oportunidade e faite con este libro, adicado a un dos autores máis emblemáticos da literatura galega!



  • Sempre é un orgullo para nós, dende a nosa modesta posición, traervos algunha novidade de Urco Editora, unha editorial 100% galega que rema, moitas veces a contracorrente, a favor de facer unha literatura en galego de calidade, tanto traduciendo á nosa lingua clásicos que nunca viran a luz en galego como publicando extraordinarias novelas de autores da terra. Nesta ocasión, o orgullo é dobre, dado que hoxe vos presentamos a primeira BD publicada pola editorial: "A vitoria final", de Iban Zaldua e Julen Ribas.

    A tenente Sigfrid Frisch devece polos cómics. Leos na comisaría de policía cando non ten outra angueira. Mais en poucas ocasións pode rematar a lectura tranquilamente. Recibe un aviso xusto cando está a ler o cómic clásico que conta como gañou Alemaña a II Guerra Mundial: uns cativos atoparon un cadáver nun gran canal. Ao chegar ao lugar dos feitos decátase de que terá problemas co caso. Ao pé do corpo, alén da policía, andan unha Oberstandartenfürher das SS e os seus soldados a fisgar. Que fan alí? Só é un afogado. O cadáver non ten identificación e na man hai un papel do que termaba con forza. E o máis sorprendente: o bandullo ten embigo! Algo imposíbel na Alemaña de 2052, ano CVII da Vitoria. Non, non será un caso doado.

    Non perdas esta xenial BD, traducida directamente do euskera, gañadora do Premio Euskadi de Literatura 2012 á Mellor obra na categoría Literatura infantil e xuvenil en euskera.



  • Este xoves 16 de Outubro, terá lugar ás 8 da tarde no IES Laxeiro de Lalín, a presentación do libro "Zapatillas Rotas", escrito por Xabier Quiroga e editado por Xerais.

    Non faltedes a este acto, organizado por Libraría Vagalume e a Federación de Libreiros de Galicia, no que poderedes levar o voso exemplar desta fantástica novela persoalmente asinado polo autor!

    Lembrade: o xoves 16 de Outubro, ás 8, no IES Laxeiro.









  • Velaquí unha novidade de Reservoir Books recén saído do prelo: "El Eterno", de Joann Sfar.

    Os vampiros non existen. A psicoanálise non funciona. Estaban verdadeiramente feitos para non atoparse.

    Ionas, xoven violinista xudeu, morre nunha batalla en 1917 e, para a súa desgracia, regresa á vida en forma de vampiro. Dende entón só ten unha obsesión: reencontrarse co amor da súa vida, Hiéléna. A súa nova vida de vampiro, sen embargo, tráelle complicacións, pois ten que beber sangue para alimentarse, o que o fai sentir tremendamente culpable e deprimido.

    Case un século despois, Ionas vive en Nova York e atopa en Rebecka Streisand, unha psicoanalista que acaba de quedar viúva dunha famosa estrela do rock, unha figura que o axudará a superar a súa soidade e a súa culpabilidade. Despois de tantos anos, quizais sexa posible vivir en harmonía cos seus demos.

    "A novela máis orixinal do ano. Sfar sopra nunha copa de viño branco e aparecen burbullas de champán", Thierry Fandillot, Les Echos.

    "Joann Sfar é o Picasso do século XXI", Javier Mariscal.





  • Os vindeiros 20 e 21 de Setembro (sábado e domingo), celébrase en Lalín, no entorno da Praza da Torre/Praza das Pipas, a Feira do Vento, na que que estarán presentes multitude de postos de artesanía, unha exposición de fotos e na que tamén estaremos nós, fomentando coma sempre a cultura e dando apoio a todas as actividades que ao longo da tarde do sábado van ter lugar. Despois de cada presentación/contacontos/lectura de fragmentos de obras, teredes a oportunidade de facervos co voso exemplar de cada libro adicado persoalmente polo autor no noso posto.

    O programa de actividades literarias para o sábado tarde é o seguinte:

    17.30. Contacontos de "O soño de Esther", con Miguel Ángel Alonso Diz.
    18.30. Inacio e Iván Suárez falarán da súa labor conxunta nos cómics adicados á vida de Castelao: "O pobre tolo", "Titoán" e "Máis alá!".
    19.00. Lectura de fragmentos da obra "Testigos oculares" polo seu autor, Javier S. González.
    20.00. Textos de Carlos Negro, na voz do propio autor.
    20.30. Presentación da obra "Fóra de portas", biografía de Roberto Vidal Bolaño, a cargo do seu propio fillo, Roi Vidal Ponte.

    Non faltedes!




  • Velaquí unha das novidades deste mes da editorial Yermo: "Tarzan. El origen del  hombre mono", do xenial Joe Kubert.

    Orfo aos poucos anos de idade e atrapado no corazón da selva africana, o herdeiro de Lord Greystoke é criado entre monos para converterse en Tarzan, o home mono. Pero a xungla non é lugar seguro para un home branco, que deberá enfrontarse ás feras salvaxes que axexan entre as árbores, ás tribos aborixes que ameazan a súa vida... e á chegada de exploradores ingleses que porán en perigo a paz na selva!

    Poucos debuxantes foron quen de capturar a esencia das secuencias de acción e o dinamismo da figura humana como Joe Kubert. A máxima expresión do seu talento plásmase nos seus cómics de Tarzan da década dos setenta do século pasado, que escribiu, debuxou e entintou. Esta fermosa recompilación (que conta coa introducción do propio Joe Kubert e unha cor restaurada partindo das cores orixinais de Tatjana Wood) é un tesouro para os afeccionados aos relatos de aventuras intemporais e do innegable talento e intensidade de Kubert.





  • En Libraría Vagalume cumprimos dous anos! É por iso que do día 8 ao 13 de Setembro queremos ofrecervos un 10% de desconto en tódolos nosos artículos (desconto non aplicable á compra de libros de texto nin acumulable a outros descontos).

    Mil grazas por estar ahí!




  • Velaquí unha novidade das que estamos acostumados a ofrecervos: algo novidoso e case exclusivo. Trátase de "La niña de los cabellos rojizos", un precioso libro ilustrado da novísima editorial Filferro, que con este o seu primeiro título comeza o seu camiño no mundo editorial.

    A nena dos cabelos avermellados e o seu gato, Benito, entran e saen sa túa cabeza cando pechas os ollos. Pode que non o saibas pero, xusto agora mesmo, agóchanse detrás de ti. Quizais sexa unha máis das súas trasnadas. Ou quizais sexa, tan só, outro soño. Saberálo ao espertar. Cando deixes atrás as presas. Cando mañá non teña nin a metade de importancia que hoxe. Cando aprendas a sacar a xogar á nena dos cabelos avermellados que agochas no teu interior. Tan só entón poderás sentar na silla que, agora, dorme arrodeada de erres.

    Non perdas oportunidade de facerte con este extraordinario libro que, ademais, vén acompañado dunha bonita bolsa de tela da mesma cor que o cabelo da protagonista.



  • Velaquí unha novidade, recén saída do prelo, da editorial Toxosoutos: "A toponimia celta en Galicia", de Fernando Cabeza Quiles.

    Neste libro recóllese a toponimia galega, antiga e actual, de orixe celta, interpretándose nomes de lugar que ata o de agora permanecían inéditos e perdidos para a causa celta, verbigracia: Glandomiro, hoxe transformado en Brandomil.

    Cabeza Quiles presenta, xunto cos topónimos galegos de procedencia celta, as súas correspondencias peninsulares e europeas, documentadas noutras terras onde así mesmo viviron os celtas; caso, con relación ao devandito Glandomiro, dos topónimos galeses Glanafon, Glandwr e Glanmwrwg, dos escoceses Gleann e Gleann Buichead, dos irlandeses Gleann Dubh e Gleann dá Locha e do bretón Glenneg.

    Grazas aos topónimos o autor presenta, fronte ao anticeltismo de determinados ambientes académicos, claramente celtoescépticos, probas toponímicas que demostran, de acordo e en coherencia coas noticias dos autores clásicos, a presenza na antiga Gallaecia de pobos de etnia e cultura celta.

    Un tomo ideal para coñecer de onde veñen moitos nomes de pobos e vilas da nosa terra.



  • E que ten de novidoso que agora nos estean a anunciar unha nova edición de "Platero y yo", de Juan Ramón Jiménez?, vos estaredes preguntando... E con razón. Pero o motivo de falarvos agora deste clásico da literatura española é a nova edición marabillosamente ilustrada por David González e editada por Ediciones Jaguar na súa colección Entintados.

    Platero é pequeno, peludo, suave, e o protagonista dun dos libros máis belos e conmoveodres da narrativa lírica de todos os tempos.

    Juan Ramón Jiménez, premio Nobel de literatura en 1956, conseguiu contar a vida e a morte do burro Platero de tal manera que non houbera neno ou adulto quen de resistirse ao sorriso ou ás bágoas, emocións que se intensifican aínda máis nesta nova edición ilustrada por David González, que non poderá deixar a ninguén impasible.

    Non perdas unha xoia coma esta, na que se combinan o marabilloso texto de Juan Ramón Jiménez, coñecido por todos, coas impresionantes ilustracións de David González.



  • Velaquí unha nova proposta da editorial La Cúpula: "Aquel verano", escrito por Mariko Tamaki e debuxado por Jillian Tamaki.

    UN VERÁN INESQUECIBLE.

    Rose e os seus pais levan veraneando en Awago Beach dende que ela era cativa. É a súa escapada anual, o seu refuxio. A súa amiga Windy tamén está alí sempre, como a irmá pequena que nunca tivo, completando a súa familia de verán.

    Pero este verán é diferente.

    A nai de Rose e o seu pai non deixan de discutir, e as nenas vénse envoltas nunha traxedia que pende sobre a pequena vila costeira. É un verán de segredos e angustias, pero polo menos téñense a unha á outra.

    En "Aquel verano", as curmás Jillian e Mariko Tamaki redefinen a novela gráfica adolescente. Espléndida, desgarradora e en última instancia un sopro de esperanza, esta obra é unha ollada vibrante á xuventude e a madureza.



  • Velaquí o último libro de Xosé Neira Vilas, o prolífico escritor (de hai nada de tempo é "días de Cuba", editado por Galaxia) de Gres, Vila de Cruces: "Epistolario diverso", editado por Edicións Embora.

    Neira Vilas viviu 43 anos na diáspora americana, afastado físicamente da terra que o viu nacer. Afíxose deseguida á vida cotiá e as culturas doutros pobos; vencellouse ás súas institucións, e en xeral foi acollido con agarimo. En resumo, adaptouse sen maiores dificultades. Aínda que percorreu diversos países, o máis do tempo residiu sucesivamente na Arxentina e en Cuba, a onde teñen emigrado milleiros de galegos. Investigou a presenza galega nesas áreas, o que motivaría algúns dos seus libros máis significativos. Pero o seu cavilar e o seu sentir máis íntimos tiveron sempre, como irrenunciable razón de ser, o país onde nacera. Viviu, pois, "sempre en Galicia", e tras afastarse do seu territorio, do seu latexar de cada día, escribiuse con moitas persoas, con moitos homes e mulleres animados polas mesmas inquedanzas. Por eso cando retornou ó eido orixinario -a primeira vez tardou vintecatro anos-, poucas cousas o sorprenderos, poucos aconteceres lle resultaban alleos.

    Ata hoxe leva publicado "Cartas de vellos amigos" (Galaxia, 2010), con máis de 300 comunicacións. Virían logo outros volumes. Agora, en "Epistolario diverso" dá a coñecer cartas recibidas por unha chea de personalidades e artistas, e ademais vintecinco mensaxes "de fóra", é dicir, procedentes de diversos paíse de Asia, Europa e América (filólogos, historiadores, antropólogos, poetas...). Esta correspondencia forma un abano moi variado de temas, unha colectánea de noticias, proxectos, indagacións, todo relacionado con Galicia, motivo central e diverso deste ir e vir epistolar mantido, ás máis das veces, por enriba do Atlántico.

    A que estás agardando? Non perdas a oportunidade de facerte co teu exemplar deste marabilloso libro dun dos escritores máis queridos da literatura galega.





  • En Libraría Vagalume seguimos ofrecendo aos nosos clientes productos novos, como é o que agora vos presentamos. Trátase da editorial de recentísima creación Neonauta Ediciones, que polo momento, só ten catro títulos no seu haber: "Reward", de Paulo César Ramírez, "Estatuas de Venus", de Cano Farraguete, "Amadís y el Rayo de Hierro", de Luis Guillermo del Corral e "Su última carcajada", de Alejandro Morales Mariaca. A particularidade destas catro obras é que pertencen ao xénero chamado "Bolsilibros", no que destacaron por méritos propios autores como Marcial Lafuente Estefanía, autor de noveliñas de vaqueiros por excelencia, Curtis Garland e o noso benquerido Lem Ryan.

    "Reward". A ferramenta da perdición comeza a moverse, libre da funda mística que o contén e o resgarda. Cada engranaxe móvese, cada peza segue a outra consecuentemente, como as variñas que chocan nunha caixa musical, só que esta é unha canción infernal. A pálpebra mecánica está por abrirse. Cúbrome o ollo dereito coa man ensanguentada e toda a miña visión tórnase escarlata, ata que comezo a ter a súa perspectiva. O Ollo do Demo activouse.

    "Estatuas de Venus". Había unha forza sobrenatural que o impedía volver atrás para informar ao resto do equipo de astronautas. Bryan permanecía a varios metros, pateando algunhas pedras do terreo liso. Aron agachouse, levantando a man, achegándoa a aquel rostro perfectamente tallado na rocha. Unha cara humana, de cabelos rizados e curtos. Era feminino, e recordaba levemente ás esculturas da antiga Grecia, só que os desgastes faciais facían irrecoñecibles os seus rasgos. "É que houbo humanos aquí antes?"

    "Amadís y el Rayo de Hierro". Amadís avanzou ao tempo que golpeaba. A deforme man dun demo foi aplastada e os seus colgantes ollos estalaron coma odres podres ao recibir un segundo golpe. A maza ría cantando dementes e incomprensibles maldicións. Dous demos caeran. Os tres que quedaban en pé comezaron a recuar. Coñecían o poder daquela arma. Dun terrible xeito que ningún alma podía. Sentiron o medo.

    "Su última carcajada". Antes de que ninguén teña tempo de preguntar que agardan, a porta ábrese e a través dela sae un escuadrón de homes como ningún deles vira antes. "Ah! Xusto a tempo. Iso é o que agardábamos", conclúe Bell sinalando cara ás oito figuras acoirazadas que comezan xa a marchar arredor do castelo. "Que dems é iso?", pregunta un soldado británico ás costas de Lacroix. "Son simples soldados de infantería co prototipo dunha armadura de combate", responde Bell.