• Xenozoic, de Mark Schultz

    Traemos hoxe un título de aleta, "Xenozoic", de Mark Schultz.

    "Que estraño novo mundo, que alberga a tales criaturas!"

    Obrigados a agocharse por mor dun cataclismo ecolóxico global, medio milleiro de anos despois os humanos emerxen dos seus tobos subterráneos e descubren que a Terra foi totalmente transformada. A flora e a fauna que lle eran familiares desapareceron, substituídas por unha orde natural radicalmente alterada, poboada por sanguinarios dinosauros e por seres novos e estraños. Precísase de redanos, fusca determinación, enxeño e moita, moita sorte da de sempre, soamente para sobrevivir neste mundo salvaxe... e non digamos para prosperar. E esas son unhas calidades que posúen en abundancia o excelente mecánico Jack Tenrec, a encantadora científica Hannah Dundee e os seus amigos.

    Pero aínda os máis válidos desas almas fortes vense en dificultades para supera-los obstáculos que lles presenta o seu novo fogar. E cando eses retos son complicados aínda máis polas accións egoístas e traizoneras dos sanguinarios preeiros humanos cos que se atopan, mesmo os mellor dotados e máis bravos de entre eles poden fracasar.

    "Xenozoic" combina un arte rico e exhuberante, á tinta e pincel, cunha narrativa que se alimenta das novelas populares de antano para crear unha fantasía chea de acción... unha aventura sen pausas que tamén serve coma unha fábula de advertencia sobre as imprevisibles consecuencias que, para as futuras xeracións, poden ter as miopes decisións de hoxe en día.



    0 comentarios → Xenozoic, de Mark Schultz

    Publicar un comentario