• Quedan los huesos, de Jesmyn Ward

    A entrada de hoxe recolle un título publicado pola editorial Siruela: "Quedan los huesos", de Jesmyn Ward.

    É temporada de furacáns no Golfo de México. Unha gran tormenta aproxímase perigosamente á vila costeira de Bois Sauvage, Misisipi. Esch e os seus tres irmáns malviven nunha casa á que chaman Burato, no bosque entre coches abandonados e galiñas, e teñen outras preocupacións que prepararse para a chegada do primeiro furacán.

    Skeetah loita por conseguir, con pequenos furtos, que os cachorros da súa premiada pitbull, China, sobrevivan para vendelos e levar cartos a casa. Randall non para de entrenar para o seu vindeiro partido de baloncesto, se o fai ben acadará unha beca deportiva. Junior, o máis pequeno, tan só quere que alguén lle preste atención. Esch, de quince anos e a cargo da casa dende que a súa nai morreu no parto de Junior, acaba de descubrir que está embarazada. A quen contarllo? O único adulto do fogar, o seu pai, refuxiouse na bebida.

    A medida que os doce días nos que transcorre a novela van avanzando nunha dramática conta atrás hacia a súa conclusión fatal, que non é outra que a chegada do furacán Katrina, esta familia de nenos sen nai saca forzas de onde non as hai para afrontar un día máis.

    Tenra, humana e ateigada de crueza e esperanza, Jesmyn Ward regálanos esta magnífica novela premiada co National Book Award 2011.



    0 comentarios → Quedan los huesos, de Jesmyn Ward

    Publicar un comentario