Traémosvos hoxe un título publicado en setembro deste ano. Trátase de "Papel estrujado", de Nadar (pseudónimo de Pep Domingo), editado por Astiberri.
Javi ten 16 anos, deixou o instituto e converteuse nunha sorte de sicario ben remunerado ao que lle piden todo tipo de traballos os mesmos estudantes: vinganzas, recuperar obxectos roubados, romper algún nariz... Pero un día, durante o transcurso dunha festa, fanlle un encargo diferente. E a cousa sae mal...
"Papel estrujado é unha das novelas gráficas de debut máis impresionantes que lin nos últimos anos. Nadar é moi ambicioso e ten o talento para selo", Santiago García, autor de "Beowulf" xunto a David Rubín.
"Velaquí un universo gris cheo de minúsculos personaxes. Facianas que envexecen, miradas que se cruzan, palabras que non chegan a pronunciarse. Sobre un escenario de formigón e aceiro, miserable e mal iluminado, asistimos á representación: o teatro da vida e da morte, a vella representación dos histrións clásicos, onde cada home e cada muller portan unha máscara que, tarde ou cedo, ha de desprenderse", Alfonso Zapico, autor de "Dublinés", Pemio Nacional del Cómic 2012.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
0 comentarios → Papel estrujado, de Nadar
Publicar un comentario