• O corazón da Branca de Neve, de Francisco Castro

    O título que vos traemso hoxe é "O corazón da Branca de Neve", co que o escritor Francisco Castro gañou o Premio de Novela por Entregas 2013 de La Voz de Galicia e que vénd e editar Galaxia.

    "O corazón da Branca de Neve" é unha novela policial e de suspense que xira arredor das pescudas do inspector Hermida para atopar unha bebé roubada a unha rapaza inmigrante. Mais é tamén unha novela arredor das bandas criminais que fan negocio cos seres humanos. Polo medio, intriga e tensión narrativa para unha historia que pode estar acontecendo agora mesmo en calquera das nosas cidades. Un reto para un inspector canso e sagaz, ante o caso máis difícil da súa carreira de investigador.

    Un agasallo perfecto para este Nadal!




    0 comentarios → O corazón da Branca de Neve, de Francisco Castro

    Publicar un comentario