• Los colores olvidados

    Nunha anterior entrada da web (aquí), falabámosvos de "Los colores olvidados", unha iniciativa de Play Attitude financiada por medio dun crowdfunding. Pois ben, esta preciosa colección non só acadou o seu obxectivo, senón que o superou de sobra, polo que as persoas responsables decidiron mellorar a calidade do papel empregado nos libros e crear un xogo de mesa (na foto).

    Hoxe chegounos a nosa recompensa por participar no crowdfunding: o libro ilustrado "Serafín, el pájaro que buscaba su melodía", dúas láminas cos bocetos orixinais e o mencionado xogo de mesa.

    Moi pronto teremos na nosa libraría tódolos títulos desta xenial colección. Estade atentos!



    0 comentarios → Los colores olvidados

    Publicar un comentario