• José Silvent Martínez, o mítico Barriga Verde, de Xaime Iglesias González

    Despois dalgúns problemas coa distribución, por fin temos connosco, gracias aos amigos de Urco Editora, o libro "José Silvent Martínez, o mítico Barriga Verde", de Xaime Iglesias González.

    José Silvent Martínez non naceu en Galiza, pero respirou aires galegos desde novo. Acadou unha popularidade sen precedentes cun espectáculo ambulante, que percorreu festas e romarías, no que os monicreques, sinaladamente o heroe Barriga Verde, eran o elemento máis atractivo.

    A presente publicación, elaborada con agarimo e rigor, trata de dar a coñecer a vida, arte e realizacións deste titiriteiro, sen dúbida, o máis popular da nosa terra durante o século pasado, quen, polas súas excepcionais calidades persoais e artísticas, converteuse no mítico Barriga Verde para o público, que o aplaudía afervoadamente, así como para boa parte dos bonequeiros galegos.

    Con linguaxe coloquial e estilo sinxelo, o autor sitúao nos contextos social e histórico e destaca a relevancia que tivo o seu espectáculo de monicreques para a nosa lingua e para a nosa cultura, pois os bonecos falaban galego, nun tempo en que estaba desprezado e mesmo perseguido.

    Estade atentos á nosa web e ao Facebook, por que próximamente teremos connosco a Xaime Iglesias González presentando a súa obra no nosa libraría!

    0 comentarios → José Silvent Martínez, o mítico Barriga Verde, de Xaime Iglesias González

    Publicar un comentario