• Apocalipse Z. O principio da fin, de Manel Loureiro

    Despois de ser traducido a mil e un idiomas e vender libros a esgalla en medio mundo, por fin temos na lingua de Castelao "Apocalipse Z. O principio da fin", do escritor pontevedrés Manel Loureiro, editado por Urco e traducido ao galego por Tomás González Ahola.

    Que acontecería se un día ao te ergueres descubrises que a civilización está a se caer en pedazos?

    Iso é o que lle sucede ao protagonista de "Apocalipse Z. O principio da fin", un avogado que leva unha vida tranquila e rutineira en Pontevedra, até que un escuro incidente nun afastado país do Cáucaso provoca unha epidemia de proporcións devastadoras que ameaza con aniquilar toda a humanidade da face da terra. A medida que a enfermidade se achega devorando país tras país, o caos comeza a estar presente tamén na Galiza.

    Urco Editora presenta para o público galego a tradución desta novela de terror zombi, éxito de vendas mundial, que se completará coa publicación das seguintes partes: "Apocalipse Z. Os días escuros" e "Apocalipse Z. A ira dos xustos".



    0 comentarios → Apocalipse Z. O principio da fin, de Manel Loureiro

    Publicar un comentario