• Vento e chuvia. Mitoloxía da antiga Gallaecia, de Manuel Gago, ilustrado por Manel Cráneo

    Froito da colaboración entre Manuel Gago (texto) e Manel Cráneo (ilustracións), Xerais publica "Vento e chuvia. Mitoloxía da antiga Gallaecia".

    Aquí, onde hoxe estás, hai máis de dous mil anos o aire venteaba cheo de historias. Á noite, ao redor do lume, as palabras dos homes daban vida a deuses milenarios que amaron, loitaron, sangraron, percorreron ás carreiras a terra toda que te rodea. O vento e a chuvia esborrallaron a súa memoria ata que deles non quedaron máis que palabras secas, baleiras e esquecidas. Ata hoxe.

    Non perdas unha obra única que te achega ás historias contadas polos nosos antepasados!








    0 comentarios → Vento e chuvia. Mitoloxía da antiga Gallaecia, de Manuel Gago, ilustrado por Manel Cráneo

    Publicar un comentario