• Novidade en Libraría Vagalume: Edicións postivas

    Presentámosvos hoxe unha novidade na nosa libraría: Edicións Positivas, editorial da que, dende onte, dispoñemos dun amplio fondo na nosa libraría.

    Todas as obras publicadas por esta editorial están en galego, destacando tanto os títulos escritos orixinalmente na nosa lingua, como as "Obras completas de Roberto Vidal Bolaño I e II" (próximamente o terceiro volume), "Conversa ultramarina", de Lois Pereiro ou "Abelcebú", do lalinense Carlos Negro, como as traduccións de obras clásicas da literatura estranxeira, como "O mundo perdido", do gran Arthur Conan Doyle ou "Diario de Eva" e "Retallos do diario de Adán", de Mark Twain.

    A que estades agardando? Achegádevos á nosa tenda a botarlle unha ollada ao noso fondo de Edicións Positivas!

    Deixámosvos enlace á súa web: http://www.edicionspositivas.com/web/



    0 comentarios → Novidade en Libraría Vagalume: Edicións postivas

    Publicar un comentario