• Elric. El trono de rubí, de Julien Blondel, Didier Poli, Robin Recht e Jean Bastide

    Baseada na obra de Michael Moorcock, Yermo Ediciones vén de publicar a BD "Elric. El trono de rubí", adaptado por Julen Blondel e con debuxo e cor a cargo de Didier Poli, Robin Recht e Jean Bastide.

    Lobo branco. Campión de Arioch. Xoguete dos deuses. Asasino do seu pobo.

    Séculos despois da túa morte, a túa lenda e o teu nome seguirán grabados no recordo... As raíñas máis fermosas do mundo condenaránse para morrer pola túa man, como a túa nai morreu antes ca elas. Os soberanos máis poderosos caerán aos teu pés e maldicirán o teu nome, como o teu pai te maldiciu antes ca eles.

    Elric, o último emperador de Melniboné...

    Chámame, maldíceme, agarda pro  min, amado, pois moi pronto estaremos xuntos.

    Elric de Melniboné, o personaxe máis famoso do ciclo do Campión Eterno de Michael Moorcock cobra nova vida grazas ao impactante traballo gráfico de Poli, Recht e Bastide e á adaptación de Blondel.

    "Esta é a mellor adaptación de Elric", Michael Moorcock.



    0 comentarios → Elric. El trono de rubí, de Julien Blondel, Didier Poli, Robin Recht e Jean Bastide

    Publicar un comentario