• El príncipe de los piratas, de Edmundo Díaz Conde

    A editorial Algaida vén de publicar unha novela de piratas do máis interesante, escrita polo autor ourensán Edmundo Díaz Conde.

    Houbo un tempo en que corsarios británicos, bucaneiros franceses e filibusteiros holandeses eran os amos do Caribe. Pero pouco se contou de piratas españois como Íñigo Santa Cruz, forzado a converterse en cabaleiro de fortuna por unha patria que desampara aos seus propios fillos e os obriga a vagar polo mundo.

    Naquela mesma época tamén había tesouros fantásticos coma o da Dama do mar, polo que Henry Morgan organizará a maior frota de filibusteiros xamais coñecida, cidades coma Panamá, que se din inexpugnables e acenden a cobiza dos homes, e mulleres coma Elena, capaces de provocar a paixón e a tenrura do corsario más insensible.

    "El príncipe de los piratas" é a historia de Íñigo Santa Cruz -chamado Lefthand polos ingleses-, tan falsa coma tódalas lendas e tan certa coma calquera historia de piratas.



    0 comentarios → El príncipe de los piratas, de Edmundo Díaz Conde

    Publicar un comentario