• Beowulf, de Santiago García e David Rubín e Los surcos del azar, de Paco Roca

    Traémosvos hoxe dous títulos da editorial Astiberri recén saídos da imprenta. Trátase de "Beowulf", escrito por Santiago García e debuxado polo xenial David Rubín, e de "Los surcos del azar", do mestre Paco Roca.


    "Así pois, naqueles días de antano os daneses e os seus reis foron valentes e nobres. Ata nós chegou o eco das heroicas campañas daqueles príncipes".

    Pero un monstro chegou ao reino dos daneses.

    Durante doce anos, devora a mulleres e homes.

    Ata que dende a beira do mar chega un heroe para salvalos: Beowulf.

    Os homes contaron a súa historia durante séculos. "Beowulf" é o poema co que nace a literatura inglesa. Durante máis de mil anos inspirou a xeracións de autores, dende J.R.R. Tolkien ata os guionistas de Hollywood. Agora, Santiago García e David Rubín traen o poema heroico ao século XXI con "Beowulf", a novela gráfica.

    Por certo, estade atentos á web e ao noso Facebook porque en Xaneiro teremos de novo a Rubín connosco!


    "A novela gráfica "Los surcos del azar" va máis alá de estar formidablemente debuxado e dotado dunha capacidade narrativa abraiante. Paco Roca o transcendeu. Escribiu un libro necesario, e non só polo que ten de recuperación da nosa memoria histórica. Iso tamén o transcendeu. É necesario porque nos ofrece algo no que crer; ofrécenos a nosa parte da historia que nos arrebataron, que perdemos preocupándonos dun día a día alienante. O seu libro devólvenos a nós mesmos. Dinos que somos iso, que somos así. Que non todo é vergoñento nas nosas vidas. E que porque eles o intentaron ata o final xa non temos dereito a deixar de intentalo. Creo -vamos, así o sinto- que cando botaron a aquela xente de España botáronnos a todos os que iamos a descender deles. E por iso vivimos todos nun país, nun mundo que non nos gusta. Moitas grazas, Paco, por devolverme ao país ao que pertenzo", Javier Pérez Andújar, escritor.







    Dous títulos imprescindibles, coma sempre, en Libraría Vagalume.




    0 comentarios → Beowulf, de Santiago García e David Rubín e Los surcos del azar, de Paco Roca

    Publicar un comentario