• Los colores olvidados



    En Libraría Vagalume sempre tratamos de apoiar novos proxectos e iniciativas que, por un motivo ou outro, nos chaman a atención. É por iso que nesta ocasión achegámosvos unha idea que nos chamou poderosamente a atención: "Los colores olvidados", un proxecto que naceu co libro "Los colores olvidados y otros relatos ilustrados" e que agora continúa con tres novos títulos: "La niña del parche en la ciudad de los colores olvidados", "Serafín, el pájaro que buscaba su melodía" e "Gato Negro, el felino de la buena suerte", escritos por Silvia G. Guirado e ilustrados por Desiree Arancibia e Marta García Pérez. Ademáis, as autoras propoñen tamén unha serie de chapas, láminas para pintar, libretas e postais cos personaxes dos libros.

    A peculiaridade desta colección é a súa forma de financiacón, na que podemos participar todos aqueles que o desexemos (nós xa o fixemos). E de que maneira? Pois por medio dun crowdfunding, método polo cal todo o que queira pode converterse en "mecenas" desta xenial obra aportando unha cantidade determinada e recibindo unha recompensa a cambio. Todos os detalles, tédelos no seguinte enlace: http://www.verkami.com/projects/6590-los-colores-olvidados-coleccion-infantil

    A que estades agardando? Participade nesta fantástica iniciativa para tratar de conseguir que algo tan espectacular vexa a luz!





    1 comentarios → Los colores olvidados

    1. Muchísimas gracias por compartirnos! Ya hemos alcanzado nuestro objetivo!
      Desiree

    Publicar un comentario