• Jerusalén, de Boaz Yakin e Nick Bertozzi

    Traémosvos hoxe unha BD digna de ter en conta de cara ao futuro: "Jerusalén. Un retrato de familia", escrito por Boaz Yakin, debuxado por Nick Bertozzi e publicado por Ediciones La Cúpula.

    A FAMILIA, A GUERRA, A FE. A LIBERDADE.

    Sobre os ombros patriarcais de Izak e Takov Halaby, dous irmáns únicamente ligados por lazos de sangue, recae a responsabilidade de coordinar unha comunidade familiar atordada polos tempos conflictivos que vive a súa terra. Ámbolos dous, e con eles todo o seu entorno, vanse ver afectados polas circunstancias que arrodearon a creación do moderno estado de Israel, tomando camiños diferentes, todos igualmente difíciles.

    O guionista Boaz Yakin e o debuxante Nick Bertozzi emprázannos á convulsa Palestina dos anos 40, onde o crisol de procedencias e ideoloxías compuxeron unha sinfonía de forzas humanas tan turbulenta como suxerente para soñar a fundación dun futuro aínda irresolto.

    "Jerusalén" é unha novela gráfica épica e ambiciosa, social, política e sentimental, que se inspira nos acontecementos reales vividos por tres xeracións dun lugar disputado dende hai milenios.




    0 comentarios → Jerusalén, de Boaz Yakin e Nick Bertozzi

    Publicar un comentario