• Traémosvos hoxe unha BD digna de ter en conta de cara ao futuro: "Jerusalén. Un retrato de familia", escrito por Boaz Yakin, debuxado por Nick Bertozzi e publicado por Ediciones La Cúpula.

    A FAMILIA, A GUERRA, A FE. A LIBERDADE.

    Sobre os ombros patriarcais de Izak e Takov Halaby, dous irmáns únicamente ligados por lazos de sangue, recae a responsabilidade de coordinar unha comunidade familiar atordada polos tempos conflictivos que vive a súa terra. Ámbolos dous, e con eles todo o seu entorno, vanse ver afectados polas circunstancias que arrodearon a creación do moderno estado de Israel, tomando camiños diferentes, todos igualmente difíciles.

    O guionista Boaz Yakin e o debuxante Nick Bertozzi emprázannos á convulsa Palestina dos anos 40, onde o crisol de procedencias e ideoloxías compuxeron unha sinfonía de forzas humanas tan turbulenta como suxerente para soñar a fundación dun futuro aínda irresolto.

    "Jerusalén" é unha novela gráfica épica e ambiciosa, social, política e sentimental, que se inspira nos acontecementos reales vividos por tres xeracións dun lugar disputado dende hai milenios.






  • Esta semana de Halloween (28 a 31 de Outubro) en Libraría Vagalume ofrecemos aos nosos clientes un 5% de desconto en tódolos libros e cómics de temática terrorífica: zombis, vampiros, bruxas e monstros en xeral.

    A que estás agardando? Vén á nosa tenda e benefíciate desta promoción especial de Halloween!




  • Mañá ás 7 e media da tarde terá lugar no Museo Ramón Mª Aller Ulloa a presentación da novela "Santiago. La leyenda del Santo Oculto", a cargo do seu autor, José Antonio Vázquez Taín, e organizada pola Biblioteca Municipal Varela Jácome.

    En  Libraría Vagalume sumámonos a esta iniciativa da bilioteca e alí estaremos para poñer á vosa disposición os exemplares do libro para que o autor volos poda asinar.

    Pinchade aquí para acceder a unha entrevista que lle fixeron ao autor no Faro de Vigo.



  • Traémosvos hoxe un título publicado pola editorial Círculo Rojo. Trátase de "Las noches con Claudia", de Álvaro Otero, escritor nado en Bueu que leva publicadas varias obras, entre as que destacan "Waelrad", "Días de agua" (Premio Nostromo 2000), "De mar y de muerte" e "El esplendor" (Premio Provincia de Guadalajara 2010).

    É verán nunha pequena vila de Galicia, a finais dos anos setenta do século pasado. A música tropical resoa na casa do alcalde, que tódalas tardes baila o son coa mulata Claudia, a súa xove moza cubana, desexada por tódolos homes e detestada por case tódalas mulleres, e cuxa chegada coincidirá cunha serie de estraños acontecementos de imprevisibles consecuencias para todos.

    Preñada de humor e erudición, a ratos hilarante e a ratos tráxica, "Las noches con Claudia" é unha metáfora da eterna batalla entre a España que emerxía da caverna franquista e a modernidade encarnada na figura inesquecible desta mulata festeira, zumbona e santeira, que revoluciona a vida do microcosmos vital en que irrompe coa forza dun furacán húmido e quente.

    Estructurada ao modo das telenovelas, con breves escenas que se van sucedendo e engarzando, "Las noches con Claudia" é tamén o resultado dun exhuberante encontro entre dous poderosos universos culturais dos que o autor é tributario: o da Galicia de Valle-Inclán e Álvaro Cunqueiro, e o da Cuba africana e barroca de Lydia Cabrera e Lezama Lima. De semellante e exquisita mestura xermola esta historia que nos atrapa e nos conmove, e que se disfruta con fruición ata o seu inesperado e sorprendente final.







  • Tra-lo éxito colleitado o ano pasado cos puzzles da casa francesa JANOD, este ano queremos repetir e ofrecer aos nosos clientes un producto distinto e que sempre gusta. Para iso, este ano traemos novos modelos, tanto de puzzle clásico, como xigante, como de cubos. Non os perdas!

    Os novos puzzles que temos este ano na tenda son:

    - Puzzle magnético do corpo humano "Bodymagnet".
    - Puzzle xigante de 39 pezas "Arca de Noé".
    - Puzzle de 54 pezas "A princesa e a súa carroza".
    - Puzzle xigante de 39 pezas "Multi deportes".
    - Multipuzzle 3 en 1: 2 puzzles de 36 pezas + lámina para colorear.
    - Puzzle 24 pezas "Un día no campo".
    - Puzzle redondo 208 pezas "Mapamundi de nenos e animais".
    - Puzzle de 100 pezas "Vehículos".
    - Puzzle de 54 pezas "O circo".
    - Puzzle cuádruple de 90 pezas "A granxa".
    - Puzzle de 6 cubos "Animais domésticos".
    - Puzzle de 6 cubos "Animais do bosque".
    - Puzzle de 54 pezas "O avión".



  • Este Nadal, en Libraría Vagalume apostamos por un amplio fondo das editoriais GIGAMESH e ALAMUT, con interesantes títulos de ciencia-ficción, literatura fantástica e novela histórica.

    A que estás agardando? Descubre un feixe de fantásticos escritores e fascinantes novelas!



  • En Libraría Vagalume sempre tratamos de ofrecer productos novos aos nosos clientes. Por iso deixámosvos agora algunhas fotos da nova mercancía que temos de cara ai vindeiro Nadal.


    Xogos educativos e puzzles da casa DINOVA a un prezo sorprendente.


















    Clásicos xuveniles de Julio Verne, Jonathan Swift, Robert Louis Stevenson... da editorial SERVILIBRO a un prezo espectacular: 3,95 € cada un.












    Novela fantástica e de terror escrita por novas promesas do fantástico español das editoriais ALBERTO SANTOS e TYRANNOSAURUS BOOKS.














  • Urco segue coa súa (admirable) teima de traducir ao galego clásicos da literatura fantástica e de terror. Nesta ocasión, achégannos "Almuric", escrito por Robert E. Howard, o creador de Conan, e traducido por Alejandro Tobar.

    A trama de "Almuric" xira arredor de Esau Cairn, home de temperamento violento, excelsa intelixencia e portentosa forza física que é transportado a Almuric, un planeta ignoto e hostil onde se verá envolto nunha serie de enfrontamentos cada vez máis cruentos, descritos cun ritmo trepidante e un fondo filosófico -en parte tamén relixioso- que polo demais é común a toda a obra de Howard.

    Esta peza de innegable interese literario, que se publicou por primeira vez fragmentada en tres partes en candanseus números da famosa revista Weird Tales en 1939, resulta un libro ideal para os amantes da literatura de acción no campo de batalla.

    Boa proba de que esta novela -unha das poucas que escribiu Howard- é importante dentro do seu xénero, reside no feito de que adoita ser antologada, segue a ser reeditada e traducida e conta con versións en banda deseñada.


  • En Libraría Vagalume sempre tratamos de apoiar novos proxectos e iniciativas que, por un motivo ou outro, nos chaman a atención. É por iso que nesta ocasión achegámosvos unha idea que nos chamou poderosamente a atención: "Los colores olvidados", un proxecto que naceu co libro "Los colores olvidados y otros relatos ilustrados" e que agora continúa con tres novos títulos: "La niña del parche en la ciudad de los colores olvidados", "Serafín, el pájaro que buscaba su melodía" e "Gato Negro, el felino de la buena suerte", escritos por Silvia G. Guirado e ilustrados por Desiree Arancibia e Marta García Pérez. Ademáis, as autoras propoñen tamén unha serie de chapas, láminas para pintar, libretas e postais cos personaxes dos libros.

    A peculiaridade desta colección é a súa forma de financiacón, na que podemos participar todos aqueles que o desexemos (nós xa o fixemos). E de que maneira? Pois por medio dun crowdfunding, método polo cal todo o que queira pode converterse en "mecenas" desta xenial obra aportando unha cantidade determinada e recibindo unha recompensa a cambio. Todos os detalles, tédelos no seguinte enlace: http://www.verkami.com/projects/6590-los-colores-olvidados-coleccion-infantil

    A que estades agardando? Participade nesta fantástica iniciativa para tratar de conseguir que algo tan espectacular vexa a luz!