• Vida de nai, de Gemma Sesar, Ramón Marcos e Jorge Castelli

    El Patito Editorial vén de publicar unha nova BD: "Vida de nai", escrita por Gemma Sesar, debuxada por Ramón Marcos e coloreada por Jorge Castelli.

    Velaquí a historia dunha nai de hoxe en día, con dous fillos pequenos ("quererás dicir: unha filla e un fillo"), sen axuda para atendelos ("outra vez sen asistenta!") e unha empresa que trata de sobrepoñerse á crise. A vida non está feita para combinar estes dous factores: nenos e pemes, así que estas 63 páxinas se desenvolven entre a tolemia duns pais mergullados nun mundo laboral tremendamente complexo, e a ledicia de Estela e Teo, que coa súa inocencia fan que todo cambie en cuestión de segundos.

    A que estás agardando? Faite co teu exemplar e disfruta deste primero número, titulado "O inverno", de "Vida de nai".



    0 comentarios → Vida de nai, de Gemma Sesar, Ramón Marcos e Jorge Castelli

    Publicar un comentario