• Operario, de Jano

    Por fin! Xa temos connosco a nova obra publicada por Demo Editorial. Trátase de "Operario", unha xenial BD a cargo do moi persoal artista Jano.

    A xente viaxa do campo á cidade e descobre unha nova paisaxe onde as árbores mudan en enormes edificios. O operario busca o seu sustento tentando integrarse nun sistema laboral que non atende a valores humanos e onde a propia conducta da xente está mecanizada.

    Jano, un clásico do panorama da BD underground galega, chega ao catálogo de Demo Editorial cunha obra cargada de ironía e sentido crítico. Un álbum que conecta temáticamente á perfección co panorama social e económico dos séculos XX e XXI, caricaturizando de forma dramática a frialdade dun modelo de sistema capitalista. E conségueo exclusivamente coa forza da imaxe, cun debuxo que lembra dalgún xeito as vangardas europeas.

    A que estás agardando? Ven a Libraría Vagalume e leva o teu exemplar de "Operario"!



    0 comentarios → Operario, de Jano

    Publicar un comentario