• Unha vez máis, en Libraría Vagalume organizamos a presentación dunha novela. Neste caso trátase de "Testigo oculares", un libro escrito por un rapaz da nosa vila, Javier S. González.

    O autor estará connosco o vindeiro venres, 4 de Outubro, ás 8 da tarde.

    Non o dubides: pasa pola nosa libraría e leva a teu exemplar de "Testigos oculares" asinado polo autor.

    Aposta por Lalín. Aposta por Libraría Vagalume. Aposta por Javier S. González.









  • El Patito Editorial vén de publicar unha nova BD: "Vida de nai", escrita por Gemma Sesar, debuxada por Ramón Marcos e coloreada por Jorge Castelli.

    Velaquí a historia dunha nai de hoxe en día, con dous fillos pequenos ("quererás dicir: unha filla e un fillo"), sen axuda para atendelos ("outra vez sen asistenta!") e unha empresa que trata de sobrepoñerse á crise. A vida non está feita para combinar estes dous factores: nenos e pemes, así que estas 63 páxinas se desenvolven entre a tolemia duns pais mergullados nun mundo laboral tremendamente complexo, e a ledicia de Estela e Teo, que coa súa inocencia fan que todo cambie en cuestión de segundos.

    A que estás agardando? Faite co teu exemplar e disfruta deste primero número, titulado "O inverno", de "Vida de nai".



  • A editorial Seix Barral fainos unha proposta do mái scuriosa: "Ha vuelto", de Timur Vermes.

    É o verán de 2011. Adolf Hitler esperta nun descampado no centro de Berlín. Non hai símbolos nazis, reina a paz, as rúas están invadidas por estranxeiros, e Alemania está gobernada por unha muller repoluda que fai o que quere en Europa. Sesenta e seis anos despois da súa caída, o resucitado Hitler triunfa na televisión como perfecto imitador do Führer, un cómico xenial. Pero el non bromea en absoluto. A fama é a plataforma perfecta para retoma-la súa carreira política.

    Que dano podería facer hoxe Hitler? Esta disparatada historia está contada por el mesmo, un home que analiza tenazmente o seu entorno, que descubre de maneira fulminante os puntos débiles dos demais, que, coa súa teima sen límites, guíase pola súa estraña lóxica, con fanatismo pero tamén con lucidez.

    As librarías de toda Alemania exhiben a portada do fenómeno literario do ano. Esta divertidísima novela que xa leron un millón de persoas pronto será publicada en trinta e dous países, mentres se roda a película. Timur Vermes logrou algo inimaxinable con esta sátira feroz, e é que riamos non xa de Hitler, senón con el. É posible algo así? Está permitido?




  • Edicións Embora publicou en Xullo "Aquel neno", de Xosé Neira Vilas, autor nado en Gres, Vila de Cruces.

    "Aquel neno" leva dentro o neno que foi Xosé Neira Vilas. Sabe o autor que o seu carácter, o seu xeito de ser vén de aquel neno, do ámbito familiar e social que lle cadrou en sorte, e dos primeiros pasos que o seguiron; e que a súa vida de adulto é, queira ou non, a suma de traballos, friaxes, medos, fames e carencias da vida dun neno pobre dunha aldea galega dos anos 30 e 40 do século que se nos foi, como se foi o cativo, caneando polo camiño do tempo. Pero este neno do libro é tamén todos os nenos e nenas veciños seus, e os de centos de parroquias dos arredores, e os de toda Galicia, e máis alá de Galicia. Son milleiros, pois "Aquel neno" non é só unha memoria persoal. Como dicía o poeta José Hierro: "Cando falo de min estou falando tamén dos demais".

    Un título imprescindible que non podes deixar escapar.








  • Mañá, 8 de Setembro, estamos de aniversario: levamos xa un aniño convosco. É por iso que a semana que vén (9 a 14 de Setembro), faremos un 10% de desconto en tódolos nosos productos.

    A todas e todos os que estivestes connosco ao longo deste o noso primeiro ano de andadura, e a todos os que están por vir, mil grazas! Sen vós, non sería posible estar aquí.






  • Aquí vos deixamos as fotos da presentación de "Morreu o demo, acabouse a peseta", que tivo lugar na nosa libraría o pasado venres 30 de Agosto, enmarcada no certamen Titirideza 2013. Gracias por confiar en nós para acoller este evento!





















  • Por fin! Xa temos connosco a nova obra publicada por Demo Editorial. Trátase de "Operario", unha xenial BD a cargo do moi persoal artista Jano.

    A xente viaxa do campo á cidade e descobre unha nova paisaxe onde as árbores mudan en enormes edificios. O operario busca o seu sustento tentando integrarse nun sistema laboral que non atende a valores humanos e onde a propia conducta da xente está mecanizada.

    Jano, un clásico do panorama da BD underground galega, chega ao catálogo de Demo Editorial cunha obra cargada de ironía e sentido crítico. Un álbum que conecta temáticamente á perfección co panorama social e económico dos séculos XX e XXI, caricaturizando de forma dramática a frialdade dun modelo de sistema capitalista. E conségueo exclusivamente coa forza da imaxe, cun debuxo que lembra dalgún xeito as vangardas europeas.

    A que estás agardando? Ven a Libraría Vagalume e leva o teu exemplar de "Operario"!