• Morreu o demo, acabouse a peseta

    "Morreu o demo, acabouse a peseta". Con esta frase remataban os espectáculos do último títere tradicional galego. O seu nome, Barriga Verde, resoa aínda na memoria de moitas persoas, mais o boneco e as formas daquel espectáculo corren o risco de caer no esquecemento.

    Para evitalo, distintas iniciativas procedentes dos eidos do audiovisual, do teatro e da investigación únense no Proxecto Barriga Verde co que recuperar o patrimonio titiriteiro galego e poñelo en relación coa estirpe europea dos Polichinelas.

    Este libro-DVD é un primeiro achegamento a este mundo, onde os textos complementan as imaxes do documental no que Barriga Verde e os seus parentes europeos cobran vida.

    En Libraría Vagalume queremos poñer o noso pequeno gran de area nesta iniciativa levada a cabo polo Proxecto Barriga Verde, polo cal o vindeiro día 30 de Agosto, venres, ás 7 da tarde, acolleremos na nosa libraría a presentación deste libro-DVD dentro do certamen Titirideza 2013.



    0 comentarios → Morreu o demo, acabouse a peseta

    Publicar un comentario