• Eres el siguiente, de Greg Hurwitz

    Dado que o panorama literario está algo parado este mes de Agosto, traémosvos hoxe un título aparecido en Xullo: "Eres el siguiente", de Greg Hurwitz.

    Mike Wingate tivo unha infancia difícil. Abandonárono nun parque cando tiña catro anos e creceu nun orfanato. Ninguén volveu por el e só ten uns cantos recordos dispersos dos seus pais. Agora que xa é adulto, Mike está a vivir a vida que sempre quixo: está felizmente casado coa muller dos seus soños, Annabel; ten unha preciosa e precoz filla de oito anos, Kat, e a súa empresa de construcción está a piques de asinar un contrato que lles asegurará un futuro económico libre de preocupacións.

    É entón cando ocorre o inimaxinable. O pasado de Mike, un pasado que el nin sequera lembra, chama á súa porta para infundir o medo nel e na súa familia. Mike comeza a recibir ameazas e cando o denuncia á policía, os investigadores semellan máis interesados no pasado pouco claro de Mike que en seguir as pistas ou protexer á familia. Mike non terá máis remedio que recurrir a Shep, un home verdadeiramente perigoso, ao que coñece dos seus días no orfanato. Xuntos farán canto sexa necesario para protexer á familia de Mike dos homes que se agochan tras unha ameazadora mensaxe: "Es o seguinte".

    Un título que te atrapa a cargo dun escritor do máis interesante que se move como peixa na auga no xénero negro.



    0 comentarios → Eres el siguiente, de Greg Hurwitz

    Publicar un comentario