• Dispara, yo y a estoy muerto, de Julia Navarro

    Despois do éxito sen precedentes da súa primeira novela, "La Hermandad de la Sábana Santa", e de "La Biblia de barro", "La sangre de los inocentes"  "Dime quién soy", que non fixeron senón reforzar o seu prestixio, a escritora e xornalista Julia Navarro publica "Dispara, yo ya estoy muerto" da man de Plaza & Janés.

    Unha extraordinaria novela de personaxes inesquecibles cuxas vidas se mesturan con momentos clave da Historia, dende finais do século XIX ata mediados do XX, e que recrea a vida en cidades tan emblemáticas coma San Petersburgo, París ou Jerusalén.

    "Dispara, yo ya estoy muerto" é unha historia chea de historias, unha gran novela que agocha moitas novelas e que, dende o seu enigmático título ata o seu inesperado final, alberga máis dunha sorpresa e emocións a flor de pel.

    A primeira novidade de renome despois da sequía do verán, coma sempre en Libraría Vagalume.




    0 comentarios → Dispara, yo y a estoy muerto, de Julia Navarro

    Publicar un comentario