• Calígula, de David Lapham e German Nobile

    EDT vén de publicar unha BD que non deixará indiferente a ninguén: "Calígula", escrita por David Lapham e xenialmente ilustrada por German Nobile.

    Algunhas historias transmítense dunha xeración á seguinte só en secreto, en murmurios, porque os feitos son demasiado horribles para narralos en voz alta. Nunha época de depravación, o apetito dun home horrorizou a todo o Imperio romano, o imperio que el mesmo gobernou.

    Calígula construíu a súa lenda sobre a sangue do seu pobo, un gobernante que comezou coma un home xeneroso, pero que rematou coma o máis dexenerado dos monarcas. Un nome que se cita como exemplo de como o poder absoluto pode corromper absolutamente.

    A xenial crudeza de David Lapham e o talento artísitico de German Nobile dannos a coñecer a Calígula como ninguén o fixera antes...



    0 comentarios → Calígula, de David Lapham e German Nobile

    Publicar un comentario