• Bícame, Frank, de Miguel Anxo Fernández

    Despois de "Un nicho para Marilyn", "Luar no inferno", "Tres disparos e dous friames" e "Lume de cobiza", o escritor de O Carballiño Miguel Anxo Fernández agasállamos cunha nova aventura do detective Frank Soutelo. O seu título, "Bícame, Frank".

    Frank Soutelo continúa en Galicia e agora está indignado. Todo comeza co roubo do manuscrito de "Vento mareiro", de Cabanillas, e despois co dun valioso papiro exipcio vinculado ás revoltas da primavera árabe. Demasiada xente quere o papiro, ao prezo que sexa... Soutelo sospeita que todo ten que ver coa aparición dun cadáver sen mans na praia da Lanzada.

    Coa súa retranca característica, Miguel Anxo Fernández bota unha ollada aceda sobre a actualidade do país nunha novela que consolida a Soutelo como o detective máis activo do panorama literario galego.

    Estade atentos, porque en Libraría Vagalume organizaremos a presentación desta extraordinaria novela, na que contaremos coa presencia do propio escritor.




    0 comentarios → Bícame, Frank, de Miguel Anxo Fernández

    Publicar un comentario