• Batman. El regreso de Bruce Wayne, de Grant Morrison

    Traémosvos hoxe unha nova publicación da editorial ECC. Trátase de "Batman. El regreso de Bruce Wayne", escrito por Grant Morrison, ao que acompañan unha chea de debuxantes, entre os que destacan Chris Sprouse e Yanick Paquette.

    Despois de enfrontarse ao mal definitivo e vencelo, o Cabaleiro Escuro caeu... pero nin o ceo nin o Inferno lle agardan. O protector de Gotham ten que cumprir condena nunha prisión que está feita de tempo mesmo. Enviado ao pasado, miles de anos atrás, o home que foi coñecido como Batman esperta nunha cova estrañamamente familiar, despoxado da súa identidade e arrodeado de hostís salvaxes. Dende alí emprense unha extraordinaria viaxe cruzando a historia, combatendo o mal en cada era, mentres recompón os fragmentos da súa propia identidade feita anacos. Pero a escuridade contra a que loitaba non se extinguiu de todo. A medida que Bruce Wayne se abre paso a través das épocas, a vinganza definitiva de Darkseid se lle achega cada vez máis... e ese axuste de contas final será unha confrontación da que non pode haber escapatoria.

    Esta coidada edición recompila os seis números da serie limitada orixinal e inclúe tamén unha sección especial de bocetos e deseños preliminares.



    0 comentarios → Batman. El regreso de Bruce Wayne, de Grant Morrison

    Publicar un comentario