• A evolución de Calpurnia Tate, de Jacqueline Kelly

    A editorial Faktoría K de libros vén de publicar "A evolución de Calpurnia Tate", escrito por Jacqueline Kelly e traducido ao galego por Carlos Acevedo.

    Aquel verán eu tiña once anos e era a única rapaza de entre sete e irmáns. Cabe imaxinar unha situación peor? Chámome Calpurnia Virginia Tate, pero daquela todo o mundo chamábame Callie Vee.

    Calpurnia Tate ten case doce anos e vive en Texas no seo dunha familia acomodada, e rodeada de seis irmáns. O verán de 1899 é especialmente quente e os Tate tratan de sobrevivir á calor sufocante refuxiándose dentro da casa, mais Calpurnia prefire ir ao río e observar a natureza. Mentres a nai fai todo o posible por facer da súa única filla unha señorita de boas maneiras e os seus irmáns tratan de resolver os seus propios amoríos, a intelixente curiosidade de Calpurnia levaráa a cuestionar o mundo que a rodea e a procurar a súa propia identidade. A moza buscará respostas coa axuda do seu avó librepensador. Nel atopará un compañeiro e aliado, e xuntos seguirán a senda inconformista iniciada por Charles Darwin.



    0 comentarios → A evolución de Calpurnia Tate, de Jacqueline Kelly

    Publicar un comentario