• Pigeons from Hell, de Joe R. Lansdale, Nathan Fox e Dave Stewart

    O mestre da narración Joe R. Lansdale ("Bubba Ho-Tep", "Leather Maiden" e o "Conan" de Dark Horse) descúbrenos outra das súas intelixentes, salvaxes e ultraterrenas creacións traendo o clásico conto de escura vinganza creado por Robert E. Howard ao presente... e ás vidas das herdeiras da mansión Blassenville, as irmás xemelgas Claire e Janet.

    Cando Griswell fuxiu da mansión Blassenville hai moitos anos, non podía imaxinar os grotescos horrores que eclipsarían o que presenciou daquela. Pero agora aquí están, grazas ao mestre do horror Lansdale, ao incrible artista Nathan Fox ("DMZ") e ao colorista gañador dun feixe de premios Eisner, Dave Stewart ("Conan", "The Umbrella Academy").

    Esta nova e fresca aproximación ao conto clásico de Howard, "Pigeons from Hell", adéntrase aínda máis no pasado da escura mansión traéndonos novos demos, mentres as desprevidas Claire e Janet levan aos seus amigos ao corazón dunha trampa sobrenatural!

    O cómic inclúe un epílogo escrito polo estudioso de Robert E. Howard, Mark Finn, unha selección de bocetos de Nathan Fox e ilustracións inéditas de Guy Davis, Greg Ruth, Tomer Hanuka, Jim Mahfood e moitos outros.



    0 comentarios → Pigeons from Hell, de Joe R. Lansdale, Nathan Fox e Dave Stewart

    Publicar un comentario